luns, 19 de febreiro de 2024

CRIS CONTRA O CANCRO

Esta tarde celebrouse en Vigo a I Carreira Solidaria contra o Cancro Infantil no noso cole, unha carreira non competitiva que busca recadar fondos para apoiar a aqueles que enfrontan esta dura enfermidade na infancia. 

Con este evento o centro deu un paso máis no seu compromiso coa solidariedade e a sociedade e máis aínda tendo en conta que a esencia educativa vai máis alá das aulas, estendéndose ao compromiso social xa que «o obxectivo do colexio é educar para o servizo«, e esta carreira é un claro exemplo diso.

Todas estas accións demostran a importancia da educación en valores.




mércores, 14 de febreiro de 2024

SAN VALENTÍN 2024

O día 14 de febreiro celebramos o San Valentín. Regalámonos quereres, verbas fermosas, apertas enchidas de cariño, pero...quen é o destinatario, neste curso, do noso amor?

Os participantes deberán escribir unha carta, en prosa ou en verso.

Este amor pode ser verdadeiro ou non. Tamén pode ser amor platónico, namoramento, paixón, desamor, celos.
A carta pode estar dirixida a unha persoa coñecida : mamá, papá, o avó, avoa ou a  Taylor Swuift, a Rafa Nadal, a Iago Aspas, a Castelao...tan só deberán excluírse as expresións de mal gusto e os insultos.
 
As cartas deberán estar escritas con letra lexible e clara e NON debe superar un folio por unha cariña.
 
Os sobres botaranse á caixa que levará a profe de lingua galega o venres 16 de febreiro .

O prazo límite de entrega será O VENRES 16 DE FEBREIRO ás 8:30

-   As cartas asinaranse cun pseudónimo

-  Entregaranse neste documento antes de pasalo ao folio e pegalo despois nunha cartolina de cor vermella. Unha vez corrixida, métese nun sobre e na parte de fóra do sobre farase constar o pseudónimo do autor (por exemplo, ).

-  Dentro do sobre grande introducirase tamén outro  (plica), no que figurará, por , o pseudónimo do concursante e  os datos auténticos do seu autor: nome, apelidos e grupo ao que pertence.

-      Se queres, entregarémoslle a carta ao seu destinatario.

-      Para iso, indica dun xeito claro por fóra do sobre grande:
 
Participaches e queres recibir o teu agasallo?

Queres coñecer cal foi a carta gañadora do concurso? 

O fallo do xurado farémolo saber no blog do cole o martes 27 de febreiro
 
Anímate e demostra o teu amor!



 

mércores, 7 de febreiro de 2024

 Queres celebrar un entroido único? 

Moita xente miuda , este venres, 9 de febreiro ,celebrará unha gran festa de tradición cultural con moitas ganas, con ilusión e disfrazados ademais de facer unha degustación de sobremesas típicas elaboradas por eles mesmos e coa axuda inestimable das avoas ou das mamás! 

Animádevos a compartir os vídeos ou receitas nas que deades conta de como elaborastes esas sobremesas. Encantaranos poder miralos xuntos, así que compartide os vosos vídeos!

Grazas a todos e agardamos que gozedes coma nós dunha celebración especial.



venres, 2 de febreiro de 2024

EL LUNES NOS QUERRÁN (NAJAT EL HACHMI)



Con esta novela, Najat O Hachmi converteuse na gañadora do Premio Nadal 2021.

É unha narración tremenda e descarnada. De ruptura e aprendizaxe. De racho e soidade. E de amizade. E de amor.

Narración confesional dirixida a unha segunda persoa na que a protagonista conta a súa infancia e a súa mocidade. Criada nun suburbio barcelonés de poboación inmigrante marroquí, non asume as claves culturais familiares e loita, de forma desgarrada, por outro estilo de vida. O estudo, a lectura, a escritura e, sobre todo, a amizade, lle insuflarán as forzas necesarias nesta viaxe sen retorno.

Animámosvos moito a lela. É unha narración moi potente, iconoclasta e diferente.

Fragmento inicial da novela.

venres, 13 de outubro de 2023

OLIVEIRA DOS CEN ANOS

Que ben soa a nosa lingua de boca de todos os nosos alumnos!  Oliveira dos cen anos é todo un himno celeste que serviu para que todo o cole, desde os máis cativos até os maiores entoasen este cántico de corazón  e felicitar así ao noso equipo vigués con motivo do seu centenario.

 A nosa intención non era outra que a de unir a toda a rapazada do cole cun eixo común: felicitar ao club vigués polos 100 anos de vida que está a celebrar neste 2023 interpretando ao unísono o himno composto por C. Tangana con ese mesmo motivo do centenario, Oliveira dous cen anos.

Foi un éxito rotundo, pois creamos unha auténtica marea celeste no patio que mesmo se puido ver nalgún ensaio os días previos, porque algúns xa levaban as pezas para practicar. O mellor de todo, conseguimos  o obxectivo de unir ao alumnado nunha actividade coa nosa lingua galega de vínculo de unión na que xerou un gran entusiasmo; tanto que ata o Celta se puxo en contacto con nós e ata recibimos a visita dalgúns dos seus xogadores , así como unha carta de agradecemento da súa presidenta, Mariam Rodríguez Terrazo.

O noso cole convertiuse nun mini estadio onde os xogadores fixeron as delcicias de todos nós.




sábado, 13 de maio de 2023

Entrega de premios Rec-curta 23


O venres, 12 de maio, foron entregados, no MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia), ás cinco da tarde, en Santiago de Compostela, uns galardóns moi especiais: os premios Rec-curta, premios para as curtametraxes feitas polo alumnado que contan co apoio da Consellería de educación e a secretaría xeral de política lingüística e coa rede de Escolas católicas.

É esta unha actividade de potenciación e dinamización da lingua galega no eido audiovisual, terreo que soe facer as delicias dos nosos alumnos que disfrutan un montón dedicando o seu tempo á elaboración do guión, selección do elenco de actores, a edición, dirección, etc. 

No citado acto, correspondente á décimo novena edición, A regueifeira Lupe Blanco foi a encargada de conducir o acto e de facer entrega dos premios aos alumnos de 2º ESO do noso colexio que foron recoñecidos con cinco premios excepcionais: un recoñecemento ao mellor guión e dirección pola curta As sombras dunha vida, que levou tamén o premio ao mellor actor e que recaeu en Pablo Pérez Díaz, mellor guión adaptado por Maruxa que levou tamén o premio á mellor actriz e que foi para Uxía Barros Gabriel e RRSS levou o premio ao mellor guión orixinal e o seu fotograma; de feito Martina Rodríguez Mouriño cedeu os seus dereitos para ser cartel principal nos premios. 

Parabéns a todos e cada un dos alumnos que prestaron o seu tempo e dedicación á creación da súas curtas: Esther Alonso Rodríguez, Valeria Gil Álvarez, Lara Villar Losada, Candela Cid Freiría, Jaime González-Rae Arias, Josep Yabeta, Elena Costas Fernández, Diana Duarte Pérez, Antón Valcárcel Villanueva, Nicolás Maldonado, Manuel Gutiérrez Rivera, Lucas Pereiro Pérez e Adrián Rodríguez Gómez por Maruxa ( 2º A).

Parabéns a Iria Cordero Pitarque, Marta Dorelle Rodríguez, Martina Pórrez Bravo, Lucas Vázquez Pérez, Valentina Ruíz Villa, Uxía Gaitero Fernández, Borja López Barros,  Mina Cartea Teijeiro, Leyza Balboa Fernández, Pablo Gil Barral, Daniel Pereira Silva, Germán Rial Fernández e Juan Lourido Vila por: As sombras dunha vida (2º B).

Parabéns a Iria Suárez González, Noelia Barros Monroy , Victoria Amoedo Prieto, Sabela Conde Gil, Keilin Nicole Guevara Hernández, Héctor álvarez Rodríguez, Iago Aguilar Pérez,Álvaro Miera Freire, Pedro Martínez Borrajo, Mario Sánchez de Ibargüen Crego, María Del Valle Puga, María Febrero Barros y Martina Rodriguez Mouriño por RRSS .(2º C) 

Parabéns pola vosa paixón, por traballar en grupo, por compartir momentos entrañables, por disfrutar facendo unha actividade gratificante , por todo, polo voso traballo!!

luns, 6 de marzo de 2023

MES DE MARZO, MES DAS CRENZAS E DAS SUPERSTICIÓNS !

Os nosos maiores afirman que a lúa de marzo é a máis indicada para podar as árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente e, por suposto, para que naza ben o millo, débese sementar en minguante que é a mellor lúa para debullalo e que non colla cogollos nin quente o saco. 

Os galegos, outra cousa non, pero temos una cultura moi rica que non debemos pasar, sobre todo se non queremos perder as colleitas.  Lembra o refrán: "En marzo medra a herba, aínda que a golpeen cun mazo". (Queren dicir, iso a primavera chega en marzo, o que fai prosperar tanto os cultivos como os pastos.)
E falando de non perder os noso costumes máis tradicionais, como cada mes, os nosos corredores, coa entrada do novo mes, vístense cun novo refrán. Velaí van!




E, para os amantes do campo, aí vai o almanaque de cultivo por meses: 

XANEIRO: Na lúa minguante sementaranse os allos, ademais dos tirabequees, tamén se plantarán os repolos.

FEBREIRO: No minguante pódanse as parras, maceiras, pereiras … e tamén se poden sementar unhas patacas de cedo

MARZO: Plantamos repolos, coliflor, coles, espinacas, cebolas… No invernadoiro xa se poden plantar pementos e tomates.

ABRIL: Na lúa minguante plantamos as patacas, trasplantanse os sementeiros de tomates, pementos, sandias, melons, pepinillos, calabacín

MAIO: Seméntanse as fabas de Lourenza e as xudías. No referente ás parras cando empezan a florecer empézanse a aplicar as primeiras mans de xofre e cobre.

XUÑO: En San Pedro antes de que salga o sol recollemos os allos, para que non entren na familia as bruxas durante o resto ano. 

XULLO: Aplicaráselle a última man de sulfato e xofre ás uvas. Na última semana do mes cortaranse os fillos das parras que sobresaen para favorecer o crecemento e maduración dos acios.

AGOSTO: No minguante de agosto arrincaremos as cebolas, unha vez este a rama seca.

SETEMBRO: Sementamos os nabos e tamén se recollen as patacas e as cenorias. Sementamos as cebolas e os repolos que trasplantaremos en marzo.

OUTUBRO: No minguante podamos as roseiras.

NOVEMBRO E DECEMBRO: No minguante podemos sementar os allos e tamén sementar nos sementeiros tomates e pementos en invernadoiro.

xoves, 23 de febreiro de 2023

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 POEMA DE ROSALÍA

Os nosos alumnos traballan desde hai tempo a figura da nosa autora e coñeceron datos relevantes sobre a súa vida e obra.Foron biógrafos, criticos literarios, editores, poetas...

A continuación, compartímosvos algúns dos seus fantásticos traballos, pois non só recabaron información senón que aprenderon a declamar algunhas das súas mellores composicións e editaron vídeos nos que recolleron o máis salientable sobre a nosa benquerida escritora.

ARTURO LOUREIRO (1º ESO B)



FREDD MARÓN (1º ESO C)

DANIEL GIL RAMOS(1º ESO B)





mércores, 22 de febreiro de 2023

SOBREMESAS TÍPICAS DO ENTROIDO ELABORADAS POLOS NOSO ALUMNOS.

 Os nosos alumnos de 1º da ESO, Freed e Elena, fixeron unhas deliciosas sobremesas típicas do entroido e comparten con nós a súa receita.

Probade a ver se vos saen así de ben.

Bo proveito!😉😋😋