martes, 23 de abril de 2019

23 de abril: Feliz día do libro!



Que é un libro? É un cerebro que fala aínda sen dicir nada, é un amigo que agarda  por un; unha alma que perdoa, un corazón que chora, un libro significa sabiduría; as ilusións dun poeta; unha historia dun narrador plasmada a través dos seus pensamentos; a sabiduría que reflicte nas súas páxinas enchidas de paixóns conxugadas co amor da creación de cada ficción. Os libros son quen nos instrúen e invitan a vivir cada unha das historias que crean para nós os escritores. Un libro é o maior tesouro que pode caer nas nosas mans! 


O 23 de abril de 1616 falecían Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Tamén un 23 de abril naceron – ou morreron– outros escritores eminentes coma  Vladimir Nabokov ou Josep Pla. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro a aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos , a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. A idea desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional regalar unha rosa ao comprador dun libro.
Todos los libros del mundo
no te dan felicidad
pero te conducen en secreto
hacia ti mismo.
Allí encuentras todo lo que necesitas,
el sol, las estrellas y la luna
pues la luz que tú buscas
habita en ti mismo.
La sabiduría que buscaste
en las librerías
reluce en cada página…
Y ahora es tuya.

Herman Hesse


Os libros son eses compañeiros de viaxe que, calados, din moito máis do que un é capaz de pensar. Son a compañía perfecta para disfrutar dun bo exemplar que, baseado na ficción se achega máis á realidade do que un cre.
Os autores crean marabillas coas que viaxar percorrendo as historias de seres auténticos que nos conducen a vivir experiencias incomparables.

ANÍMATE,  DISFRUTA E APRENDE A DISFRUTAR DEIXANDO CAER NAS TÚAS MANS UN LIBRO, CON INDISTINCIÓN DO XÉNERO QUE SEXA!

domingo, 7 de abril de 2019

Se chove, que chova!

Se chove, que chova
Pero aínda que chova, a modiño, NON VAIA SER QUE ESVARES E ABRAS A CABEZA!

BENDITAS EXPRESIÓNS DOS NOSOS MAIORES!CANTA RAZÓN TEÑEN!

xoves, 4 de abril de 2019

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO E AO PARLAMENTO DE GALICIA







O día 3 de abril, os alumnos de 3º ESO e os seus titores visitaron o Museo do Pobo galego, un lugar emblemático que ocupa o antigo convento de San Domingos de Bonaval e que se consolida como unha das visitas obrigadas para todos aqueles que desexamos afondar na historia, os costumes e a tradición ademais dunha forma de vida propia. A nosa. A de todos os galegos.

Visitamos varias das salas permanentes dedicadas ao traxe, á música e á tradición galega amén de disfrutar, da man de Carmen, a nosa guía, da explicación da tripla e única escaleira orixinal helicoidal deseñada por Domingo de Andrade que constitúe un dos elementos singulares do patrimonio de Compostela. Tamén disfrutamos das explicacións sobre a orixe das regheifas, da orixe da rumba, da zanfona…gozamos dunha maneira práctica e divertida.

Xa pola tarde, visitar o Parlamento foi o mellor xeito de coñecer o labor que desempeñan os 75 deputados e deputadas que nos representan como galegos.
 Aprendéronnos as tres funcións (lexislativa, electiva e de control) da Institución, a súa organización e un pouco da súa historia; así como a visita ás salas onde acontece a actividade institucional diaria.


luns, 1 de abril de 2019

Refráns abril

Entre marzo e abril, se non vén o cuco quere vir a fin.

As chuvias de abril, tumban o boi no carril.

domingo, 31 de marzo de 2019

Novas expresións

Quen non come ben na nosa terra? Imposible que queden con fame porque, logo de encher a panza, como quedamos?

Fostes á Reconquista? Aínda estades a tempo de vivir unha fermosa viaxe ao pasado na que disfrutar dunha ampla variedade de acitividades para todas as idades, mercadillos artesanais, da representación da cita ineludible cos franceses e...despois un bo xantar!

Iso é. QUEDAREMOS COMA PEPES! logo dun BO PETISCO comido nun bo FURANCHO DESTA FERMOSA FESTA MEDIEVAL.

Conta a historia que o 28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses e convertiu Vigo na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoleón dunha praza conquistada e, como recompensa, un ano despois, Fernando VII outorgou a Vigo o título de cidade" fiel, leal e valerosa!
Vai por todos os vigueses!Viva a Reconquista e, para o que non quede satisfeito, en breve disfrutarán da Brincadeira, na cidade de Bouzas.



martes, 26 de marzo de 2019

Conversa informal co escritor Santiago Lopo



O alumnado de 1º de Bacharelato tiveron hoxe a sorte de disfrutar dunha animada charla co escritor vigués Santiago Lopo, quen nos visitou ás dez da mañá para ter unha conversa sobre a súa obra , A arte de trobar, que foi galardoada co Premio Xerais 2017 e que constitúe unha oportuna novela que recrea con rigor e acerto estético, coma se dun fresco románico se tratase, unha época relevante do noso pasado, concretamente no século XIII, que constata a existencia de luces nun contexto do que tantas veces só se subliña a súa escuridade. A obra mestura sutilmente humor e  amor nunha historia de intriga que ten coma eixo central a persecución de Elvira por parte de Guy de Lille. 
Resultou ser unha novela de áxil lectura e cun remate sorpresivo

venres, 15 de marzo de 2019

Concurso Coca-Cola Novos talentos de relato curto

Benvidos á 11ª edición do concurso Coca-Cola Novos talentos de Relato Curto 2019.


Os alumnos de 2º ESO, Martín, Marta, Zoe, Alexandre, David, Leyre, Sabela, Yago e Santi que foron seleccionados para participar no concurso de Coca -Cola Novos talentos de relato curto, embárcanse na aventura que, coma reto persoal afronta máis de un de ser escritor ou escritora, polo menos por un día.

Ás 11:00, na Escola de enxeñería industrial do Campus Universitario Lagoas- Marcosende, recibirán un estímulo e todo o material necesario para poder escribir o seu relato .

Ilusión, imaxinación e moitas ganas de contar unha  historia, son as claves  dunha boa novela,  así que só nos queda desexarlles que disfruten da experiencia.

Se podes imaxinalo , podes contalo!

Moita sorte para cada un deles!

domingo, 10 de marzo de 2019

Bos días a todos!

Hoxe queremos aprendervos outras expresións moi utilizadas. Non podedes dicir que non as ceñecedes, eh!
IGUAL CHE DIGO UNHA COUSA QUE CHE DIGO OUTRA

A que nalgún momento, algún de vós dixo aqueilo de:" Vas caer" ou dicir na casa mamá ou papá: " 

éche o que hai". 
NON VAIAS PAPANDO MOSCAS

venres, 8 de marzo de 2019

Todos os día son 8 de marzo: POR TI, MULLER!


Hoxe é un día especial, aínda que todos os días deberían selo. Por iso, queremos, desde este o noso recuncho, dedicarlles unhas verbas ás mulleres, seres excepcionales, enchidas de paixón que contribúen a dar a vida e sembrar amor. 

Velaí vai a nosa pequena homenaxe escrita en forma de texto. 

FELIZ DÍA, MULLER! 

Porque todos os días sexan 8 de marzo.

sábado, 2 de marzo de 2019

Entroido 2019


Desde o EDNL, este ano, aproveitando que temos con nós a uns invitados de excepción, os nosos alumnos americanos e as súas profes, quixemos celebrar unha das nosas festas culturais, o Entroido, cunha degustación de sobremesas típicas: filloas, orellas, flores, biscoitos, etc, para que puideran disfrutar dos pratos doces, acompañando a celebración da música tradicional galega e da visualización das comparsas nas distintas bisbarras galegas: Verín, Laza, etc. Pasámolo xenial e almorzamos de luxo con tantas larpeiradas que mandástedes da casa.


Grazas a todas as familias, coma sempre, pola vosa colaboración e agradecer aos compañeiros a súa inestimable colaboración e axuda.



venres, 1 de marzo de 2019

Refráns marzo

Nin marzo con flores, nin moza sen amores.

Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou.