xoves, 4 de abril de 2019

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO E AO PARLAMENTO DE GALICIA







O día 3 de abril, os alumnos de 3º ESO e os seus titores visitaron o Museo do Pobo galego, un lugar emblemático que ocupa o antigo convento de San Domingos de Bonaval e que se consolida como unha das visitas obrigadas para todos aqueles que desexamos afondar na historia, os costumes e a tradición ademais dunha forma de vida propia. A nosa. A de todos os galegos.

Visitamos varias das salas permanentes dedicadas ao traxe, á música e á tradición galega amén de disfrutar, da man de Carmen, a nosa guía, da explicación da tripla e única escaleira orixinal helicoidal deseñada por Domingo de Andrade que constitúe un dos elementos singulares do patrimonio de Compostela. Tamén disfrutamos das explicacións sobre a orixe das regheifas, da orixe da rumba, da zanfona…gozamos dunha maneira práctica e divertida.

Xa pola tarde, visitar o Parlamento foi o mellor xeito de coñecer o labor que desempeñan os 75 deputados e deputadas que nos representan como galegos.
 Aprendéronnos as tres funcións (lexislativa, electiva e de control) da Institución, a súa organización e un pouco da súa historia; así como a visita ás salas onde acontece a actividade institucional diaria.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...