Os nenos e nenas do 1° ciclo de Primaria remataron a elaboración do seu primeiro dicionario en galego, un traballo cheo de ilusión, aprendizaxe e descubrimentos.
Queremos felicitalos polo magnífico labor realizado e agradecerlles a súa curiosidade e as ganas de seguir aprendendo cada día. Grazas por interesarvos polas palabras, polos seus significados e por facer do galego unha ferramenta de comunicación presente no voso día a día.
Este dicionario é o reflexo do voso esforzo, da vosa creatividade e do cariño co que empregades e coidades a nosa lingua. Estamos moi orgullosos de vós e animámosvos a seguir descubrindo, creando e compartindo palabras en galego.
E isto non remata aquí: o vindeiro curso seguiremos engadindo novas palabras, expresións e descubrimentos. Abofé que si! Porque un dicionario, igual ca a aprendizaxe, medra pouco a pouco grazas ás ganas de saber e de compartir.
Parabéns a todos e todas polo excelente traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario