venres, 12 de febreiro de 2021

TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO : FELIZ SAN VALENTÍN!

Hoxe é un bo día para celebrar o día dos namorados, pero, por que celebramos o 14 de febreiro o día dos namorados? E, quen era es tal Valentín  para que o nomearan santo, faíscas? 

   





Pois...Valentín, que era un bondadoso médico romano, decidiu facerse cristián e ordenarse sacerdote, e como tal oficiou unha chea de vodas entre mozos namorados. O problema estaba en que daquela , corría o ano 270 d.C,  os soldados non podían casar, pois pensábase que renderían máis solteiros que casados no campo de batalla ( xa sabedes o brutos que eran os romanos); non obstante, moitos soldados quixeron facelo e Valentín ...rompeu as normas e decidiu casar ás parellas baixo o ritual cristián ás escondidas dos romanos.

Por iso, foi perseguido, encerrado e finalmente executado un 14 de febreiro. O relixioso , así pasou a converterse nun  mártir e referente de todos os namorados e a partir do ano 494 d.C., a celebración do Día dos Namorados na festividade de San Valentín; polo tanto, hai quince séculos que celebramos esta data tan especial e os nosos alumnos, como non podía ser doutra  forma, tamén definiron, cos seus  textos, que é o AMOR para eles.

Neta terceira edición do noso concurso tan doce e especial, queremos trasladar os nosos parabéns a Marcos Valia García González, alumno de 1º A, pola tenrura, paixón e admiración coa que lle dedicou ao seu avó o texto.


Parabéns , Marcos!!

IMOS DIFRUTAR DO NOSO ENTROIDO







 

martes, 2 de febreiro de 2021

FESTA DAS CANDELAS: 2 DE FEBREIRO: A CANDELORIA.

 

Hoxe é o día da Candeloria. “A partir da candeloria, ningunha ave voa soa”, di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian a vindeira chegada da primavera . 

As nosas avoas sábenno e sempre se valen dos refráns e...que mellor maneira hai de aprender que así: 

“Cando a candeloria chora, medio inverno vai fóra; e que chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”

"Pola Candeloria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra"

"Cando a Candeloria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"

Canto aprendemos grazas á nosa cultura. Non deixes de utilizar a lingua da nosa cultura.

venres, 29 de xaneiro de 2021

martes, 26 de xaneiro de 2021

Aí vén febreiro...

 Como se van notando xa os días:

Por Santa Lucía, un pasiño de galiña e por febreiro, un paseo de carneiro.

sábado, 2 de xaneiro de 2021

O APALPADOR

Desde O interior da provincia de Lugo, do máis profundo de O Courel e de O Cebreiro, O Apalpador,  de profesión carboneiro, baixa das montañas para visitar aos máis pequenos e comprobar se cada ano están ben alimentados. É quen se encarga de levar os agasallos de Nadal aos cativos. O noso Papanoel. 




 

xoves, 31 de decembro de 2020

FELIZ ANO 2021

 AO 2021 pedímoslle SAÚDE, SAÚDE E MÁIS SAÚDE para poder seguir loitando por conseguir que se cumpran os soños dos nosos alumnos e , como non, tamén os nosos propios. 

BENVIDO!


luns, 21 de decembro de 2020

Vai chegando o Nadal !



Chegou o Nadal e con el os nosos pequenos fan as delicias dos maiores cantando e bailando panxoliñas así de ben.

Desde o EDNL, desde a dirección do centro, os profesores, PAS e demais familia, queremos desexarvos : Saúde!








venres, 11 de decembro de 2020

É HORA DE DEGUSTAR UNHA BOA SOBREMESA! UMMM!

Deliciosa a receita de BISCOITO DE IOGUR que nos comparte hoxe o noso alumno Javier Blanco Morado, de 2º ESO C.

Velaí vai o vídeo demostrativo.



mércores, 2 de decembro de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Decembro

Xa chegando ao último mes do ano...
DECEMBRO:

- En decembro, fume na lareira e auga na lameira .
- O mes de Navidad, non plantes horto nin vaias ao horto nin capes porco.
- Non esperes para Nadal o que non recolliches en maio.