domingo, 2 de maio de 2021

FELIZ DÍA A TODAS AS NAIS!


Tiña unha fita roxa no cabelo.
lembro todas as flores dos meus vasos de nena.
Tiña bicos a tarde,qué tesouro,
e bulía en buratos para dentro dos teus ollos.
A tarde tiña áas de paxaro,quentiño,quentiño,
as túas mans,riscadas do traballo,
calaban moitas veces para carexarme miúdo…
Eran días sen medo ós corvos sobre a testa
porque todo era estrela.
Logo,qué logo,houbo voar de follas,nomes,xentes.

Abrin portas,pecheiras;non se acouga con tanta multitude;
corrín a ser muller.E na tola carreira,perdín a fita roxa
que me chamaba nena.Debeu levala o vento
co froito dos anos,meus anos…

¿Pra qué terían áas de paxaro os dedos
que niñaban limpezas no cabelo?

Nai onte laveiche os ollos.E na palma mollada
repousaron aquelas tardes,a fita dunha vida mellor.

Ollos da miña nai.Cobizos de lareira sempre ao fogo.
¡Seica os ventos vos perden ou vos choran!…
Sen eles,a miña historia non ten ollos



Torres, Xohana (1953) in Aturuxo. Revista de Poesía e Crítica

venres, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 “O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina. Do mesmo xeito que ninguén nos pode obrigar a namorarnos, ninguén nos pode obrigar a amar un libro. Son cousas que ocorren por razóns misteriosas. Pero do que si estou convencido é de que hai un libro que agarda por cada un de nós. Nalgún lugar da biblioteca hai unha páxina que se escribiu para nós"

        Alberto Manguel




domingo, 4 de abril de 2021

FELIZ PASCUA!!

                                                                 
CRISTO VIVE!!! 💗


                                                                     ESTADE SEMPRE ALEGRES!!! 

venres, 5 de marzo de 2021

CONCURSO COCA-COLA

Na mañá de hoxe, os nervios percorrían os corpos dos nosos alumnos e a través das súas facianas viamos aflorar a tensión que supuña para eles presentarse ao concurso Coca-cola, Novos talentos.  

Formato novo. Cos seus ordenadores acesos, ás 11:00 conectábanse, con tempos espaciados para concursar e, salvo os fallos do directo, empezaron a escribir. O estímulo: un veciño vello e un can.

Boa sorte a todos os participantes!

Disfrutade desta aventura ! Para nós xa sodes gañadores. Agora só queda que demostredes que ben o podedes facer.