luns, 23 de setembro de 2024

TOCA APRENDER REFRÁNS E FRASES FEITAS

 

HOXE TOCA APRENDER ALGUNHAS FRASES FEITAS. ANÍMASTE? MALO SERÁ!

1.  Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale

Que significa? Pois que por moi boa relación que se teña, os cartos son os cartos. Non imos ser flexibles nas negociacións por moita amizade que haxa.


 2.  Outra vaca no millo 

E seguimos coa vaca como protagonista. A expresión “Outra vaca no millo” emprégase para indicar que unha persoa actúa igual de mal que outra ou que un feito ou acción é igual de inconveniente que outro anterior. Equivale a “Outro que tal baila” ou a Eramos poucos e pariu a avoa! (por se xa non houbese cousas malas ata o momento, chega outra máis).

 

3.  Galiña vella fai bo caldo

É un eloxio á xente maior, especialmente ás mulleres. A veteranía é un grao. Ao igual que unha galiña vella aporta un sabor delicioso ó caldo, as mulleres maiores teñen moito que aportar pola súa experiencia. Podemos aprender moito delas.


 4.  A cabra (sempre) tira ao monte

Ten connotacións negativas. Refírese a que a conduta inapropiada dunha persoa é reiterativa. Fai continuamente o que é innato e está na súa natureza. 

5.  Polo pan baila o can

Pola interese de lograr algo, faise o que sexa preciso.

6.  Caer da burra


 Decatarse do erro no que se estaba. Darse de conta, por fin, de algo que non se daba entendido aínda sendo evidente.Os animais próximos ao ámbito doméstico son os que aparecen con máis frecuencia como referentes das expresións figuradas: o can, o gato, o burro, a ovella, a galiña ou a vaca.

 7.  Nin arre nin xo

 Esta expresión equivale a “nin tanto, nin tan pouco”. Os extremos nunca son adecuados.

8.  Non vaia ser o demo

Somos previsores e algo supersticiosos. Así que, para que arriscarse a algo sen necesidade? Evitémolo, non vaia ser que aconteza algo malo. Aseméllase ao significado de “por se acaso” ou “máis vale previr que curar”. 

9.  Marcho, que teño que marchar

Frase redundante onde as haxa, aclara que non marcha porque quere senón porque cómpre facelo.

10.  Malo será☝


Trátase dunha expresión moi empregada na nosa terra, que invita ao optimismo. Ven dicir que, aínda que haxa adversidades, sempre se sae adiante.

11.  Nunca choveu que non escampara

En liña co optimismo da expresión anterior. Significa que as malas rachas non duran por sempre.

12.  Se chove, que chova

Conformámonos co que hai. Se o tempo non é bo, non queda outra que aceptalo.

 13.  Éche o que hai

Con connotacións semellantes ás da expresión anterior. Os galegos resignámonos cando non queda outra opción. 

14.  Morra o conto! 

Trátase dunha invitación directa a que se acabe un tema de conversa ou unha discusión. 

15.  Quedar como un Pepe 

Estar satisfeito despois de comer. Ten connotacións positivas.

 16.  Chegar e encher

Lograr algo á primeira. Por exemplo, se imos co coche a unha praia abarrotada en pleno mes de agosto e aparcamos de inmediato, poderiamos dicir: “Foi chegar e encher”.

17.  Ser un miñaxoia

Aplícase a unha persoa que non ten maldade nin astucia. É coitada e inxenua.

18.  Tarde piaches!


Dicímosllo a unha persoa que ofrece a súa opinión, desacordo ou resposta a algo cando xa non ten sentido porque é demasiado tarde. Podería telo dito antes porque xa non se está a tempo de facer cambios.

 

19.  O que ten cu, ten medo

Non hai ninguén que non pase medo nun momento determinado… 

20.  Ser máis listo que un allo

 Os allos son todo cabeza. De ahí a alusión a este alimento para referirse a alguén espabilado.

xoves, 12 de setembro de 2024

INICIAMOS UN NOVO CURSO 24-25

MORRE LENTAMENTE
quen non viaxa,
quen non le,
quen non escoita música,
quen non atopa encanto es si mesmo.

MORRE LENTAMENTE
quen destrúe o seu amor propio,
quen non se deixa axudar.

MORRE LENTAMENTE
quen se transforma en escravo do hábito repetindo todos os días as mesmas sendas,
quen non cambia de rutina ou non se anima a vestir unha nova cor ou non conversa con descoñecidos.

MORRE LENTAMENTE
quen evita unha paixón e o seu remuíño de emocións, aquelas que rescatan o brillo nos ollos e os corazóns decaídos.
 
MORRE LENTAMENTE
quen non cambia de vida cando está insatisfeito co traballo, co seu amor,
quen non arrisca o seguro polo incerto para ir detrás dun soño,
quen non se permite polo menos unha vez na vida fuxir dos consellos sensatos.
 
VIVE hoxe
FAI hoxe.
ARRISCA hoxe.
Non te deixes MORRER LENTAMENTE.
NON esquezas ser FELIZ


(Pablo Neruda)

mércores, 26 de xuño de 2024

AVALIANDO, UN BO MOMENTO PARA REFLEXIONAR

Esta semana, celebrarase no noso colexio o II Encontro de Educadores Vedruna, entre o 23 e o 25 de xuño baixo o título ‘AVALIANDO: un bo momento para reflexionar e transformar’. O obxectivo deste congreso é poñer en común, a través da reflexión, a transformación e a innovación, as diversas experiencias educativas e a rede de aprendizaxe da Fundación Vedruna Educación.

O evento albergará talleres de boas prácticas impartidos por docentes dos diversos colexios, que abordarán temas como a intelixencia artificial, a avaliación formativa, as redes sociais como instrumento avaliador, a co-docencia ou a aprendizaxe cooperativa, entre outros.

Así mesmo, están previstas outras actividades que correrán a cargo de entidades colaboradoras como CITB, Innovamat, AOTech, Tekman, Aula Planeta, Edpuzzle, Kimple, Noobe, Snappet, Edelvives e Grupo Trevo. Ademais, Lenovo erixiuse no patrocinador principal.

O inicio do evento, na tarde do venres 23, contará coa presenza de autoridades do Concello de Vigo. O sábado, 24 de xuño, participarán na inauguración da xornada representantes da Xunta de Galicia. Ese día intervirá Carlos Magro, consultor e especialista en innovación educativa, estratexia e comunicación dixital, dando fin á parte académica.







luns, 3 de xuño de 2024

FESTA DA LINGUA

 


Hoxe, 3 de xuño, os noso alumnos do 1º Ciclo de Primaria van disfrutar da Orquestra Pantasma xunto cos coles de Maristas, Salesianos e Compañía de María. Abofé que o pasaron moi ben!

Esperamos repetir para o ano que vén!




venres, 17 de maio de 2024

LUÍSA VILLALTA

Luísa Villalta 










 

PRIMEIRA EDICIÓN DA FESTA DA LINGUA


Na tarde de onte, xoves 16 de Maio, no noso cole disfrutamos dunha tarde espectacular: boa compañía, música, gastronomía, xogos tradicionais, unha festa en toda regra e proba disto son as fotos e o vídeo que o demostran. que adxuntamos, ademais das fotos que xustifican o bo traballo feito polos rapaces, sen o que non sería isto posible. Parabéns a todos e ás familias pola súa colaboración!!









FESTIVAL DAS NOSAS LETRAS

 


venres, 3 de maio de 2024

PREMIOS REC-CURTA

REC-CURTA 24
 

Animación
Accésit animación

Mellor curta 1ª categoría


Mellor uso da lingua

Mellor actor
















O venres, 3 de maio, foron entregados, no MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia), ás cinco e media da tarde,  en Santiago de Compostela, uns galardóns moi especiais: os premios da 21ª edición do certame de curtametraxes Rec-curta, premios para as curtametraxes feitas polo alumnado e que contan co apoio da Consellería de educación , da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Editorial Anaya, co patrocinio do festival de Cans e  e coa rede de Escolas católicas.

É esta unha actividade de potenciación e dinamización da lingua galega no eido audiovisual, terreo que soe facer as delicias dos nosos alumnos que disfrutan un montón dedicando o seu tempo á elaboración do guión, selección do elenco de actores, a edición, dirección e posterior gravación.

No citado acto,  a regueifeira Lupe Blanco foi a encargada de conducir o acto e de facer entrega dos premios aos alumnos de 1º e 2º ESO do noso colexio que foron recoñecidos, na 1ª categoría dos premios, con cinco premios excepcionais: un recoñecemento ao Mellor uso da lingua , Mellor cabeceira da curta , mellores localizacións e Mellor película pola curta Segredos escuros, o premio ao mellor actor e que recaeu en Anxo Méndez Albiz , por Lazos de sangue

Parabéns a todos e cada un dos alumnos que prestaron o seu tempo e dedicación á creación da súas curtas e parabéns moi especiais ás alumnas de Segredos escuros, xa que serán convidadas ao Festival de Cans, que se celebrará en Cans a finais de maio:

Parabéns a :Alicia González Rae-Arias (1º A), Carlota Maldonado, Julia Vidueria e Sofía Gutiérrez ( 1º B), Candela Santos, Claudia Álvarez, Canela Ayelén e Vera Rodrígues (1º C) e a Ángela Alonso Guinde.

Anxo Méndez, Arturo Loureiro, Adrián Bernárdez, Freed Marón, Candela Esteban, Candela Cid, Carla Santos, Elena Nogueira, Helena Álvarez, Érika Álvarez, Kevin Taype, Teresa Piñeiro, Fabiano Liendo, Pablo Leal, Yaimeris Castillo e Yennesis Cañizales ( 2º A)

Parabéns pola vosa paixón, polo traballar en grupo, por compartir momentos entrañables, por disfrutar facendo unha actividade gratificante pero, sobre todo, por mergullarvos coa na lingua galega nunha arte fantástica como é o cine en galego : a arte do relato. cine xa que é outra maneira de contar as historias e transmitir as ideas paralela á literatura e porque lles permite aos nosos alumnos expresar a súa creatividade así como descubrir o valor do galego para comunicar o seu propio universo en calquera espazo ou soporte .

Xa o dicía Manuel María,

“GALICIA SOMOS NÓS:

A XENTE E MAILA FALA

SE BUSCAS A GALICIA

EN TI TES QUE ATOPALA”

Que mellor maneira de contribuir a impulsar e promover o uso do galego que que facendo algo gratificante pois se aprende facendo.

Parabéns a todos e grazas á dirección do colexio, aos meus compañeiros que nos permitiron tempo das súas clases e que nos apoiaron en todo momento antes, durante e despois das gravacións e ás miñas compañeiras de secretaría que sufriron a rodaxe en momentos de traballo importantes.

Grazas por todo!