venres, 19 de outubro de 2018

Día mundial contra o cancro de mama


Nun día tan sinalado coma o de hoxe, 19 de outubro, día mundial do cancro de mama, a solidariedade contra a enfermidade saiu do cole e fíxoo da man dunha fermosa iniciativa levada a cabo,desde o Departamento de pastoral, cos alumnos de 1º e 2º de Bach, que abandonaron onte as súas aulas, acompañados da súa mochila e as súas mellores intencións de camiñar por unha loita común, unha loita que non coñece nin de sexos, nin de culturas, nin de razas, senón de compartir a oportunidade  de realizar unha actividade ideada como fórmula para convivir, estar en contacto coa natureza, para favorecer o desenvolvemento da personalidade a través do esforzo persoal e como actividade solidaria desde o amor e con respecto por unha enfermidade que se cobra tanta vítimas.

Acompañados dos mellores guías, os profes, saíron para percorrer un tramo do Camiño de Santiago. Foi unha viaxe enchida de lembranzas para os que non están, de acompañamento, para as que están a loitar, de boa sintonía, a dos compañeiros e profes e guiados por un sentimento común: UNIÓN.

POR TODAS, ánimo e e á loita.

Xuntos, lograrémolo!

Vai por todas!💪💪👑





xoves, 18 de outubro de 2018

Xa está aí o tempo do Samaín


Xa case estamos en tempo de Samaín. Que estará argallando a nosa  Lura Patuxa? Que novas nos traerá? Que prepararán os máis cativos do noso pavillón? Que nervios!!!

Agardamos impacientes para compartir un dos costumes máis antergos de Galicia, por suposto sempre acompañados de boas viandas e mellores sobremesas.

Intentaremos sorprendervos con receitas do máis tradicional para que as disfrutedes en compañía da familia e dos amigos e tamén acompañados das lembranzas dos nosos avós. Vai por eles!
Ata pronto!





luns, 15 de outubro de 2018

Galicia, sempre no corazón!

Con motivo do primeiro aniversario da queima desalmada da nosa Terra , o día 15 de outubro, queremos renderlle unha homenaxe coa que reivindicar o amor , a dignidade e a valía humana de todas así persoas que loitaron aquel día tan negro.

Oxalá non se volva repetir, Nunca máis! Que pronto volva ser verde e deixes marca na alma das persoas, como as pegadas dos pés na branca area .


luns, 1 de outubro de 2018

Refráns outubro




Outono quente, trae o demo no ventre.

De setembro a san Simón non comas o mexillón.

Polo san Simón proba o viño, e porco polo san Martiño.

venres, 21 de setembro de 2018

Benvidos a un novo curso escolar

Benvidos a unha nova travesía escolar!
Como cada ano, o EDNL volve ás andadas coa intención de investigar, traballar e disfrutar co galego. Agardamos que o noso labor sexa un estímulo para contribuir, partindo do noso obxectivo" Galicia, o noso berce, medrando día a día",  a traballar a prol da nosa cultura utilizando a nosa lingua.
Ánimo e bregar ben duro para chegar a no porto!

Hoxe,  empezamos recuperando refráns deste mes de setembro. Velaí van algúns:


O que queira boa vendima facer que se poña en setembro a recoller.

Temperá é a castaña que por setembro regaña.


En setembro arden os montes e secan as fontes.


Cada mes, recolleremos os máis destacados. Están relacionados cos nosos costumes típicos e coa nosa cultura..



mércores, 6 de xuño de 2018

luns, 4 de xuño de 2018

Parabéns, Lucía! Segundo premio no concurso de relato curto Novos talentos, Coca-Cola



O venres 1 de xuño ás 18:00h , no Restaurante Mirador Monte de San Pedro, na Coruña, tivo lugar a entrega de premios da 10ª edición do Concuros Coca-Cola Novos talentos, na que lle foi entregado o segundo premio provincial á nosa alumna de 2º C Lucía Magdalena Vázquez polo seu relato baseado no estímulo:" Profe: pasaporte ao futuro"

Parabéns a Lucía polo seu labor ben feito e, desde aquí, desexamos que continúe a súa ilusión e compromiso coa creación literaria e lembra:" non deixes  nunca de ler,  pois a lectura ábrenos as portas do mundo que cada un de nós se atreve a imaxinar".
A gañadora foi Jimena González-Lojo Lamas, do Colexio Compañía de María, de Vigo.


luns, 7 de maio de 2018

Entrega dos premios REc- curta

Entrega dos premios Rec-curta en Santiago de Compostela(fotos do acto)



O venres, 4 de maio, foron entregados, no Hotel Monumento San Francisco, ás cinco da tarde, en Santiago de Compostela, uns galardóns moi especiais: os premios Rec-curta, premios para as curtametraxes feitas polo alumnado e que contan co apoio da Consellería de educación e coa rede de Escolas católicas FEREGA-CECA.
É esta unha actividade de potenciación e dinamización da lingua galega no eido audiovisual, terreo que soe facer as delicias dos nosos alumnos que disfrutan un montón dedicando o seu tempo á elaboración do guión, selección do elenco de actores, a edición, dirección, etc.
No citado acto, correspondente á décima edición, entregáronselle aos alumnos de 4º ESO do noso colexio dous premios excepcionais: un recoñecemento á recuperación doPatrimonio galego pola curtametraxe Ás cinzas dunha vida., e outro ao mellor traballo en equipo por A vida sen ti, ademais de seren dotados, cada un deles, cun premio en metálico de 200 euros. Os premios fóronlles entregados aos compañeiros da man do secretario autonómico de Escolas Católicas, J Ignacio Parajó Calvo e por Charo Baleirón Soñora ás alumnas Judit Iglesias Guillade, Paula Bouzas Bruzos, Carmen Farto Fernández e Helena Queirezaeta Collazo que foron representando aos compañeiros das curtas.
Os premios entregáronse na cidade de Santiago, no salón Carlos V, onde tivo lugar o acto. Foi unha tarde completa, chea de sentimentos agridoces que se mesturaron coa emoción dos premios e a ausencia de todos os compañeiros premiados. Segura estou de que terían disfrutado moitismo escoitando o recoñecemento ao traballo feito.
Parabéns a todos e cada un dos alumnos que prestaron o seu tempo e dedicación á creación da súas curtas: Lucía Álvarez Núñez, Adrián Domínguez Vello, Iago Centeno Pérez, Pablo Domínguez Lima, Pablo Muñoz Sierra, Claritza Neal Batiz, Helena Queirezaeta Collazo, Alejandro Rodríguez Leiro, Claudia Sánchez Magdalena, Clara Varela González, Daniel Abelleira Méndez, Sergio Bernárdez Moreno, Yasmín Carrera Iglesias, Valeria de Álvaro Vieira, Selene Falagán Rodríguez, Judit Iglesias Guillade, Antía Martínez Barros, Gabriel Martínez Pérez, Ana Plaza Badía, María Redondo Morán, Laura Rodríguez Kowalski e Adonais Vigo Pérez, quen creou á banda sonora da curta A vida sen ti tanto a música como a letra foron de creación propia. 
Parabéns pola vosa paixón, por traballar en grupo, por compartir momentos entrañables , por disfrutar facendo unha actividade gratificante , por todo, polo voso traballo!!!
No mesmo acto, foron entregados tamén os premios Frei Martín Sarmiento, que este ano van xa pola súa décimo quinta edición,  unha actividade de animación á lectura en lingua galega mediante a que se propoñen unha serie de libros finalistas en diferentes categorías, desde Educación infantil ata Bacharelato que os alumnos len ao longo do curso e emiten as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das categorías e os gañadores foron: Luis Pliego por Juegos musicales( categoría infantil),Ánxeles Ferrer por El sombrero del mago (primeiro e segundo de primaria), Helena Villar Janeiro por Cuentos del sol y de la luna (terceiro e cuarto de primaria), Xoán Babarro por Hilario y los tres miedos (quinto e sexto de primaria), Francisco Díaz Valadares por Tras la sombra del brujo (primeiro e segundo de ESO), Miguelanxo Prado por Presas fáciles (tercero e cuarto de ESO) e Antón Riveiro Coello por La herida del viento (bachillerato e adultos).

mércores, 14 de marzo de 2018

Concurso novos talentos Coca Cola

O venres, 9 de marzo, ás cinco da tarde, na facultade de Telecomunicacións do Campus de Vigo, oito alumnas de 2º ESO, presentáronse ao concurso novos talentos Coca cola en lingua galega. O obxectivo do concurso é o de promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura entre os alumnos de 2º da ESO e o de axudarlles a cumprir o seu soño de se convertiren en escritores. Candela, Andrea, Ania, Susana, Antía, Elena, Lucía e María Xosé, subiron ao CUVI cargadas de ilusión, con moitos nervios pero coas súas mochilas cheas de posibles historias coas que evidenciar o seu talento literario.Contentas co que escribiron, sobre as sete e media, remataron o seu exercicio que tivo como estímulo literario un taboleiro onde estaba escrito:" profe;: pasaporte ao futuro".
Só polo mero feito de participar, xa son para nós, unhas campionas.

xoves, 22 de febreiro de 2018

Degustación de sobremesas típicas do Entroido

degustación
O venres, 9 de febreiro, pasámolo estupendamente, ao redor dunha mesa enchida de copiosas sobremesas, elaboradas polas familias dos nosos alumnos ou por eles mesmos, típicas do entroido.
Con música galega de fondo, demostrouse que, mentres se come non se fala e , logo de comer, entabláronse conversas do máis entretidas e motivadoras.
Grazas a todos polo voso traballo exquisito. Masterchef, versión sobremesas, espéravos a máis de un. Parabéns!!
Para iso non hai máis que mirar as fotos que se adxuntan .

Visita cultural a Pontevedra


O venres , 2 de febrero, os alumnos de 4º ESO , acompañados de Patricia, Rosa e Clara, saíron con destino á cidade de Pontevedra para disfrutar dunhas actividades lúdicas á par que entretidas, no Museo de Pontevedra e nun roteiro programado con Raquel polo casco vello da cidade.
Puidemos disfrutar da arte no Museo de Pontevedra da man de dúas guías de excepción: Gabriela Chao e Luis García, quen fixeron dos nosos alumnos as delicias a través das súas explicacións; e iso que foron case dúas horas no museo. estivemos na sala Transfer, no edificio Sarmiento, do século XVII , nas salas de Sargadelos, nas de arqueoloxía, etc.
Disfrutamos co tesouro de Caldas, nin máis nin menos que trinta kilos de ouro puro que se atopou no ano 1940; recreamos as meniñas dos nosos ollos coas miniaturas que se pintaban a pincel e que eran famosas porque as portaban as persoas defuntas, pasámolo pipa coa pintura de autores como Avendaño e as súas paisaxes de inverno, os agricultores; estivemos na sala dos pintores apodados a Xeración doliente, porque a mayoría morreron antes dos trinta anos e que xa estaban experimentando con novas técnicas pictóricas: Gozamos con Bahamaonde, coa obra de Ovidio Murguía( fillo da nosa ilustre Rosalía de Castro e de Manuel Murguía e cuxos cadros decorabn os salóns que pertenceron ao político liberal Montero Ríos, amigo íntimo do matrimonio Murguía Castro; miramos a sala dedicada a Manuel Quiroga, quen estudou a base de becas( curiosidade que marcou aos rapaces9 e que, en París conseguiu un título honorífico, sendo moi xeven, como violinsta, Contoúsenos que chegou a ter tanta fama a nivel internacional que chegou a dar concertos en New York e que, incluso, chegou a ter un perfume pero, o destino, ás veces caprichoso, truncou a vida do noso músico . Un atropelo por un camión fixo que, inhabilitado por partir o brazo co que tocaba, fixese que desenvolverá outra arte aínda descoñecida: a pintura.
Paramos na sala de Castelao) malia que estaba en obras) onde os nosos rapaces demostraron canto sabían do noso polifacético autor. Chamoulles a atención o dato sobre a altura de Castelao: dous metros!!
contemplamos obras de autores coñecidos coma Manuel Colmeiro, Narciso Perez Rey, Arturo Souto e rematamos a nosa viaxe polas entrañas do museo na sala de arte máis vanguardista.
Logo da nosa visita, agardaba por nós Raquel, guía do concello de Pontevedra, na praza da Ferrería e con quen disfrutamos dun percorrido polo casco vello da cidade a sa súas rúas máis emblemáticas. Paseamos polas súas prazas e rincóns máis fermosos ; zonas que son testemuña indiscutible do esplendor da cidade medieval, cando aínda a cidade estaba ligada ao mar, una cidade monumental chea de casa nobles blasonadas, con fermosos soportáis, cruceiros magníficos, fontes artísticas, e , como no, parada obrigada na Praza da Peregrina.  Prazas como a da ferrería que, xunto coa praza da Estrela e a Praza de Ourense constitúen un lugar de encontró para os pontevedreses.
Na Praza de Ourense alucinamos co convento de San Francisco, na Praza da Estrela coa Casa das caras , na prza da Leña do cruceiro que está ubicado no propio centro da praza; e na praza da Verdura da fábrica da luz, dato que xustifica que foi Pontevedra a primeira cidade en contar con ese servizo.
Na praza de Méndez Núñez tiraron máis dunha foto coa estatua do ilustre creador do Esperpento Ramón María del Valla Inclán e rematamos diante da Peregrina onde tamén se nos contou, dada a proximidade do entroido, da importancia do loro Ravachol.
Disfrutamos logo dun máis ca merecido tempo de lecer e para xantar e reponer forzas para acabar a nosa viaxe visitando a fermosa vila mariñeira de Combarro.