venres, 5 de marzo de 2021

CONCURSO COCA-COLA

Na mañá de hoxe, os nervios percorrían os corpos dos nosos alumnos e a través das súas facianas viamos aflorar a tensión que supuña para eles presentarse ao concurso Coca-cola, Novos talentos.  

Formato novo. Cos seus ordenadores acesos, ás 11:00 conectábanse, con tempos espaciados para concursar e, salvo os fallos do directo, empezaron a escribir. O estímulo: un veciño vello e un can.

Boa sorte a todos os participantes!

Disfrutade desta aventura ! Para nós xa sodes gañadores. Agora só queda que demostredes que ben o podedes facer.

martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!

 

Imaxe orixinal de Pablo Carreiro, ilustrador

𝘿𝙄𝘼  𝘿𝙀  𝙍𝙊𝙎𝘼𝙇𝙄𝘼

Polas rúas de Santiago
Pasaron as túas penas. 
Polos vales e montañas
Soaban nos teus poemas
Badaladas de xustiza
Para a nosa triste terra. 

Cando brincaba nos ventos
A campá de Bastavales
Polo teu maxín pasaban
Os máis fermosos lugares
Que amencían na Galiza
Sementándoa de  verdades. 

Abride a fiestra a un mar
Que arrecende a vida
E que medra nas almas
Dos Galegos. 

Abre a fiestra ó teu mar, 
Poderosa Galiza, 
E leva novos soños
Polos ventos. 

Luciano do Monfadal

luns, 22 de febreiro de 2021

venres, 19 de febreiro de 2021

AS NOSAS VERBAS FAVORITAS




Desde o Departamento de lingua galega, igual que se fixo en lingua castelá, eleximos, por votación, aquelas verbas que consideron os noso alumnos as máis fermosas do galego.

A través deste vídeo, teredes as que foron elexidas polos alumnos dos distintos cursos , desde Educación infantil ata 6º Educación primaria e, cos maiores, desde 1º ESO ata 2º Bach, as verbas seleccionadas, foron utilizadas para crear un texto literario onde se recolleron todas .

Disfrutade coa musicalidade, agarimo e tenrura coa que soa a nosa lingua.

venres, 12 de febreiro de 2021

TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO : FELIZ SAN VALENTÍN!

Hoxe é un bo día para celebrar o día dos namorados, pero, por que celebramos o 14 de febreiro o día dos namorados? E, quen era es tal Valentín  para que o nomearan santo, faíscas? 

   





Pois...Valentín, que era un bondadoso médico romano, decidiu facerse cristián e ordenarse sacerdote, e como tal oficiou unha chea de vodas entre mozos namorados. O problema estaba en que daquela , corría o ano 270 d.C,  os soldados non podían casar, pois pensábase que renderían máis solteiros que casados no campo de batalla ( xa sabedes o brutos que eran os romanos); non obstante, moitos soldados quixeron facelo e Valentín ...rompeu as normas e decidiu casar ás parellas baixo o ritual cristián ás escondidas dos romanos.

Por iso, foi perseguido, encerrado e finalmente executado un 14 de febreiro. O relixioso , así pasou a converterse nun  mártir e referente de todos os namorados e a partir do ano 494 d.C., a celebración do Día dos Namorados na festividade de San Valentín; polo tanto, hai quince séculos que celebramos esta data tan especial e os nosos alumnos, como non podía ser doutra  forma, tamén definiron, cos seus  textos, que é o AMOR para eles.

Neta terceira edición do noso concurso tan doce e especial, queremos trasladar os nosos parabéns a Marcos Valia García González, alumno de 1º A, pola tenrura, paixón e admiración coa que lle dedicou ao seu avó o texto.


Parabéns , Marcos!!

IMOS DIFRUTAR DO NOSO ENTROIDO







 

martes, 2 de febreiro de 2021

FESTA DAS CANDELAS: 2 DE FEBREIRO: A CANDELORIA.

 

Hoxe é o día da Candeloria. “A partir da candeloria, ningunha ave voa soa”, di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian a vindeira chegada da primavera . 

As nosas avoas sábenno e sempre se valen dos refráns e...que mellor maneira hai de aprender que así: 

“Cando a candeloria chora, medio inverno vai fóra; e que chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”

"Pola Candeloria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra"

"Cando a Candeloria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"

Canto aprendemos grazas á nosa cultura. Non deixes de utilizar a lingua da nosa cultura.

venres, 29 de xaneiro de 2021