![]() |
| Luísa Villalta |
venres, 17 de maio de 2024
PRIMEIRA EDICIÓN DA FESTA DA LINGUA
venres, 3 de maio de 2024
PREMIOS REC-CURTA
![]() |
| REC-CURTA 24 |
![]() |
| Accésit animación |
![]() |
| Mellor curta 1ª categoría |
![]() |
| Mellor uso da lingua |
![]() |
| Mellor actor |
O venres, 3 de maio, foron entregados, no MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia), ás cinco e media da tarde, en Santiago de Compostela, uns galardóns moi especiais: os premios da 21ª edición do certame de curtametraxes Rec-curta, premios para as curtametraxes feitas polo alumnado e que contan co apoio da Consellería de educación , da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Editorial Anaya, co patrocinio do festival de Cans e e coa rede de Escolas católicas.
É esta unha actividade de potenciación e dinamización da
lingua galega no eido audiovisual, terreo que soe facer as delicias dos nosos
alumnos que disfrutan un montón dedicando o seu tempo á elaboración do guión,
selección do elenco de actores, a edición, dirección e posterior gravación.
No citado acto, a regueifeira Lupe Blanco foi a encargada de conducir o acto e de facer entrega dos premios aos alumnos de 1º e 2º ESO do noso colexio que foron recoñecidos, na 1ª categoría dos premios, con cinco premios excepcionais: un recoñecemento ao Mellor uso da lingua , Mellor cabeceira da curta , mellores localizacións e Mellor película pola curta Segredos escuros, o premio ao mellor actor e que recaeu en Anxo Méndez Albiz , por Lazos de sangue
Parabéns a todos e cada un dos alumnos que prestaron o seu
tempo e dedicación á creación da súas curtas e parabéns moi especiais ás
alumnas de Segredos escuros, xa que serán convidadas ao Festival
de Cans, que se celebrará en Cans a finais de maio:
Parabéns a :Alicia González Rae-Arias (1º A), Carlota
Maldonado, Julia Vidueria e Sofía Gutiérrez ( 1º B), Candela Santos, Claudia
Álvarez, Canela Ayelén e Vera Rodrígues (1º C) e a Ángela Alonso Guinde.
Anxo Méndez, Arturo Loureiro, Adrián Bernárdez, Freed Marón,
Candela Esteban, Candela Cid, Carla Santos, Elena Nogueira, Helena Álvarez, Érika
Álvarez, Kevin Taype, Teresa Piñeiro, Fabiano Liendo, Pablo Leal, Yaimeris
Castillo e Yennesis Cañizales ( 2º A)
Parabéns pola vosa paixón, polo traballar en grupo, por compartir momentos entrañables, por disfrutar facendo unha actividade gratificante pero, sobre todo, por mergullarvos coa na lingua galega nunha arte fantástica como é o cine en galego : a arte do relato. cine xa que é outra maneira de contar as historias e transmitir as ideas paralela á literatura e porque lles permite aos nosos alumnos expresar a súa creatividade así como descubrir o valor do galego para comunicar o seu propio universo en calquera espazo ou soporte .
Xa o dicía Manuel María,
“GALICIA
SOMOS NÓS:
A XENTE E
MAILA FALA
SE BUSCAS A
GALICIA
EN TI TES
QUE ATOPALA”
Que mellor maneira de contribuir a impulsar e promover o uso
do galego que que facendo algo gratificante pois se aprende facendo.
Parabéns a todos e grazas á dirección do colexio, aos meus
compañeiros que nos permitiron tempo das súas clases e que nos apoiaron en todo
momento antes, durante e despois das gravacións e ás miñas compañeiras de
secretaría que sufriron a rodaxe en momentos de traballo importantes.
Grazas por todo!
venres, 5 de abril de 2024
A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA
🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️
Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cidade para coñecer máis sobre a súa apaixonante historia. 📜 Lembramos o valente levantamento popular do 28 de marzo de 1809, cando Vigo expulsou aos invasores franceses, converténdose na primeira cidade europea en lograr tal fazaña. ✨
Si, así é! A nosa cidade foi recoñecida como “fiel, leal e valerosa” por Fernando VII, como premio á súa valentía e lealdade. Desde entón, cada ano celebramos con orgullo a nosa Reconquista. 🎉🥳
Acompáñanos nesta viaxe a través do tempo mentres exploramos as rúas que foron testemuñas desta xesta histórica! 🚶♂️🚶♀️ #ReconquistaDeVigo #Historia #Valentía #OrgulloVigués 🏰🌟#vedrunavigo #carmelitasvigo
xoves, 4 de abril de 2024
VISITA A CELANOVA.
Do mar pola orela mireina pasar,
na frente unha estrela no bico un cantar.
E vina tan sola na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos que vin pasar eu,
comesta dos lobos, comesta morreu…
Os ósos son dela que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
xoves, 21 de marzo de 2024
VISITA DO ESCRITOR MIGUEL ANXO ALONSO DIZ
Miguel Anxo, polo agarimo e paixón coa que transmites e abordas cada proxecto! Encantounos escoitarte falar de como nacen os libros e da ilusión que se pon en cada unha das novas creacións acompañados de excelentes ilustracións. Neste caso, da man de Luz Beloso e proximamente da man de Victor Rivas, xa que pronto nacerá a obra Axencia Galega de Asuntos Máxicos, que verá a luz a finais de abril ou principios de maio.
Fonda aperta!
Feliz día da poesía!
Un poema é un ser vivo que anda,
respira, soña, chora, salouca,
ama, berra, cintila e escurece.
cala, aborrece a mentira,
sente odio e tenrura, desángrase.
fala de intimidade a intimidade
coas cousas e coa xente, suxere
mundos posibeis e imposíbeis,
suda, cansa, sente sede e fame,
adoece, agoniza.
E nunca morre.
xoves, 14 de marzo de 2024
VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA: 2º ESO
venres, 1 de marzo de 2024
ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO POESÍA
E os gañadores do concurso de San Valentín son:
1º PREMIO: A túa neta
2º PREMIO: O gato negro
3º PREMIO: O corazón de Estela
1º Accésit: Ascua agradecida
2º Accésit: Kiev
Parabéns a todas!
Escribistes abordando temas que demostran que sodes todo corazón!
sábado, 24 de febreiro de 2024
AS VOSAS CARTAS DE SAN VALENTÍN!!
Velaquí están as cartas e o xurado xa está a piqes de fallar o gañador ou gañadora. O próximo martes, publicarase o pseudónimo do gañador, así que estate atento!
Moita sorte a todos os que participastes que fostes moooitos!
Grazas
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...


























