Velaquí están as cartas e o xurado xa está a piqes de fallar o gañador ou gañadora. O próximo martes, publicarase o pseudónimo do gañador, así que estate atento!
Moita sorte a todos os que participastes que fostes moooitos!
Grazas
Velaquí están as cartas e o xurado xa está a piqes de fallar o gañador ou gañadora. O próximo martes, publicarase o pseudónimo do gañador, así que estate atento!
Moita sorte a todos os que participastes que fostes moooitos!
Grazas
Os nosos alumnos de 1º e 2º de Primaria, así como os de 3º E,P, participaron no Proxecto que, desde a Fundación de Rosalía e, xunto cos coles de Escolas Católicas, promoven , no aniversario de Rosalía o "Caldo de Gloria", iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu lar" na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
Parabéns a todos pola vosa participación , incluído o grupo de 4º ESO que se animou a declamra o poema " Adiós ríos, adiós fontes"!!
Queres celebrar un entroido único?
Moita xente miuda , este venres, 9 de febreiro ,celebrará unha gran festa de tradición cultural con moitas ganas, con ilusión e disfrazados ademais de facer unha degustación de sobremesas típicas elaboradas por eles mesmos e coa axuda inestimable das avoas ou das mamás!Que ben soa a nosa lingua de boca de todos os nosos alumnos! Oliveira dos cen anos é todo un himno celeste que serviu para que todo o cole, desde os máis cativos até os maiores entoasen este cántico de corazón e felicitar así ao noso equipo vigués con motivo do seu centenario.
A nosa intención non era outra que a de unir a toda a rapazada do cole cun eixo común: felicitar ao club vigués polos 100 anos de vida que está a celebrar neste 2023 interpretando ao unísono o himno composto por C. Tangana con ese mesmo motivo do centenario, Oliveira dous cen anos.
Foi un éxito rotundo, pois creamos unha auténtica marea celeste no patio que mesmo se puido ver nalgún ensaio os días previos, porque algúns xa levaban as pezas para practicar. O mellor de todo, conseguimos o obxectivo de unir ao alumnado nunha actividade coa nosa lingua galega de vínculo de unión na que xerou un gran entusiasmo; tanto que ata o Celta se puxo en contacto con nós e ata recibimos a visita dalgúns dos seus xogadores , así como unha carta de agradecemento da súa presidenta, Mariam Rodríguez Terrazo.
O noso cole convertiuse nun mini estadio onde os xogadores fixeron as delcicias de todos nós.



Os nosos maiores afirman que a lúa de marzo é a máis indicada para podar as árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente e, por suposto, para que naza ben o millo, débese sementar en minguante que é a mellor lúa para debullalo e que non colla cogollos nin quente o saco.
Os nosos alumnos traballan desde hai tempo a figura da nosa autora e coñeceron datos relevantes sobre a súa vida e obra.Foron biógrafos, criticos literarios, editores, poetas...
A continuación, compartímosvos algúns dos seus fantásticos traballos, pois non só recabaron información senón que aprenderon a declamar algunhas das súas mellores composicións e editaron vídeos nos que recolleron o máis salientable sobre a nosa benquerida escritora.
ARTURO LOUREIRO (1º ESO B)