xoves, 21 de marzo de 2024

VISITA DO ESCRITOR MIGUEL ANXO ALONSO DIZ

Onte tivemos a sorte de contar coa visita de
Miguel Anxo Alonso Diz, quen se definía a si mesmo como soñador, lector, escritor, poeta, contacontos…e gran amigo dos libros e das bibliotecas. autor do libro _Instrucións_ para ler este_libro,_ entre outros coma _O soño de Esther, Música no faiado_ ou _O país da choiva,_ quen compartiu dúas horas hipnóticas coas alumnos de 2 ESO nas que descubrimos como se realiza o proceso de elaboración dun libro así como o papel importantísimo que ten a ilustración .
 
Grazas,

Miguel Anxo, polo agarimo e paixón coa que transmites e abordas cada proxecto! Encantounos escoitarte falar de como nacen os libros e da ilusión que se pon en cada unha das novas creacións acompañados de excelentes ilustracións. Neste caso, da man de Luz Beloso e proximamente da man de Victor Rivas, xa que pronto nacerá a obra Axencia Galega de Asuntos Máxicos, que verá a luz a finais de abril ou principios de maio. 
 
Fonda aperta!

Feliz día da poesía!



Un poema é un ser vivo que anda,

respira, soña, chora, salouca,

ama, berra, cintila e escurece.

cala, aborrece a mentira,

sente odio e tenrura, desángrase.

fala de intimidade a intimidade

coas cousas e coa xente, suxere

mundos posibeis e imposíbeis,

suda, cansa, sente sede e fame,

adoece, agoniza.

E nunca morre.

Manuel María

 


xoves, 14 de marzo de 2024

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA: 2º ESO



A visita ao museo é unha aprendizaxe para a vida. Consideramos que é unha moi boa práctica metodolóxica que achega aos alumnos a través dos sentidos, do emocional, do social …a unha aprendizaxe que facilita a reflexión e o enfoque multidisciplinario.

As pinacotecas ofrecen un espacio para admirarse, para recoñecerse, para ver futuras profesións, para crear inquietudes, sexan artísicas, científicas, políticas…poden ser o xermolo para que estas nazan e se consoliden; por iso, os alumnos de 2º ESO realizamos unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra, unha das institucións culturais máis recoñecidas de Galicia non só polo seu labor investigador e de promoción cultural senón pola relevancia e heteroxeneidade das obras que custodia: pintura, escultura, fotografía, mobiliario, cerámica, fondos arqueolóxicos, etnográficos, documentais e bibliográficos. Ademais, posúe a maior colección de obras de Castelao, figura clave da cultura e a política galegas.

Creado en 1927 por iniciativa da Deputación de Pontevedra abriu as súas portas dous anos despois. Conta con sete sedes distribuídas polo conxunto histórico de Pontevedra. Percorrémolas todas grazas ás explicacións dos nosos guías, que nos foron permitindo, coas súas explicación, coñecer o desenvolvemento da historia e a arquitectura locais, desde os restos medievais de San Domingos ata os fermosos pazos barrocos da praza da Leña, pasando polos inmobles da rúa Pasantería. O paseo continuou no antigo colexio xesuíta, unido por dúas pasarelas de cristal ao edificio contemporáneo ao que lle dá nome Castelao. O percorrido finalizou no convento de Santa Clara, un espléndido conxunto arquitectónico con máis de sete séculos de historia que se está a rehabilitar para acoller a sétima sede do museo

Accedemos despois ao interior do museo para adentrármonos nun percorrido centrado principalmente na arte galega, máis concretamente na ‘Xeración Doente’ con mención especial a Jenaro Carrero e Ovidio Murguía; Sotomayor, Lloréns e a pintura rexionalista; para seguir avanzando ata chegar á sala de Castelao onde se lles explicou , pormenorizadamente, a obra e a figura de Castelao.

Logo de facer un viaxe no tempo fixemos un percorrido polo casco vello de Pontevedra é o de vencellar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade , difundir a memoria histórica da cidade do Lérez e dinamizar os usos orais da nosa lingua no ámbito urbano; ademáis de disfrutar dunha cidade con moito encanto. Paseamos polas súas prazas , xa que cada unha das historias que albergan as prazas da Ferrería, a praza da verdura, a praza de Teucro, a historia do loro Rabachol, a súa zona vella, as casa nobles blasonadas, os soportáis, as súas fontes , son fabulosas. Visitamos, acompañados de dúas guías,

Logo dun tempo merecido de lecer, marchamos cara á Igrexa da Peregrina, construída en honra á Virxe que guiaba ata Santiago de Compostela aos peregrinos que desembarcaban na localidade de Baiona. Por este motivo, no interior do templo atópase unha preciosa imaxe da Virxe Peregrina que é a patroa de Pontevedra e do Camiño de Santiago Portugués. O resto do interior do templo é moi simple e destaca sobre todo por iso mesmo, pola sinxeleza que posúe e a claridade que ten grazas, en certo xeito ás cores cálidas das paredes e o teito. Tamén destaca do interior a pila de auga bendita que posúe unha forma de cuncha mariña xigantesca e está feita de pedra traída do Pacífico por Méndez Núñez. Os máis atrevidos subiron a súa escaleira para mirar desde o máis alto á virxe.

De volta á casa sobre as catro, sen dúbida, podemos afirmar que o día rematou cun broche de ouro para a nosa viaxe cultural, xa que tivemos a sorte de facela acompañados dun espléndido día soleado malia que cando iamos marchar rompeu a chover, pero o día deunos, entre tanto tren de borrascas, una tregua.

venres, 1 de marzo de 2024

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO POESÍA

 E os gañadores do concurso de San Valentín son:


1º PREMIO: A túa neta

2º PREMIO: O gato negro

3º PREMIO: O corazón de Estela

1º Accésit: Ascua agradecida

2º Accésit: Kiev


Parabéns a todas!

Escribistes abordando temas que demostran que sodes todo corazón!

1º PREMIO






sábado, 24 de febreiro de 2024

AS VOSAS CARTAS DE SAN VALENTÍN!!

 Velaquí están as cartas e o xurado xa está a piqes de fallar o gañador ou gañadora. O próximo martes, publicarase o pseudónimo do gañador, así que estate atento!

Moita sorte a todos os que participastes que fostes moooitos!

Grazas







venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Os nosos alumnos de 1º e 2º de Primaria, así como os de 3º E,P, participaron no Proxecto que, desde a Fundación de Rosalía e, xunto cos coles de Escolas Católicas, promoven , no aniversario de Rosalía o "Caldo de Gloria", iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu lar" na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Parabéns a todos pola vosa participación , incluído o grupo de 4º ESO que se animou a declamra o poema " Adiós ríos, adiós fontes"!!





Miña casiña, meu lar, ¡cántas onciñas de ouro me vals!

ROSALÍA DE CASTRO



ROSALÍA

Grazas a este vídeo poderedes entender esa poesía máis existencialista de Rosalía de Castro.

Reparade cando vexades o vídeo nas cuestións que figuran abaixo.


1- Cal é a repercusión de Rosalía de Castro na nosa litreratura?
2- Cal é o elemento natural que exerce unha influencia especial sobre a escritora?
3- Que corrente de pensamento inflúe nela para ter esta atracción polo elemento que buscamos?
4- Explica por que sente Rosalía unha fonda preocupación polos nenos abandonados?
5- Que drama da vida de Rosalía representa o símbolo da "Negra sombra"?
6- Cando como e onde coñece Rosalía a Murguía? Cando casa con el?
7- Que concepción ten da muller Murguía?
8- Que opinión expresa Rosalía no artigo "Las literatas" sobre o papel da muller no séc. XIX?
9- Que é o que lle preocupa realmente da situación da muller?
10- Que papel xoga Aurelio Aguirre na vida de Rosalía?
11- Cal é a razón pola que Rosalía decide escribir en Galego?
12- Cales sib is sugnificados do símbolo da "sombra" segundo os distintos especialistas?
13- Cal é a orixe do sentimento de "DOR" que persegue a Rosalía?

Que maneira mellor que comezar a clase de Rosalía con esta magnífica interpretación de Silvia Ferre e Roi Casal, xunto aos seus músicos e ao seu pai, Nando Casal, o creador do grupo Milladoiro e a pelo, cantada e tocada pola gaita o poema Negra sombra , toca e canta Xurxo Jachía.

luns, 19 de febreiro de 2024

CRIS CONTRA O CANCRO

Esta tarde celebrouse en Vigo a I Carreira Solidaria contra o Cancro Infantil no noso cole, unha carreira non competitiva que busca recadar fondos para apoiar a aqueles que enfrontan esta dura enfermidade na infancia. 

Con este evento o centro deu un paso máis no seu compromiso coa solidariedade e a sociedade e máis aínda tendo en conta que a esencia educativa vai máis alá das aulas, estendéndose ao compromiso social xa que «o obxectivo do colexio é educar para o servizo«, e esta carreira é un claro exemplo diso.

Todas estas accións demostran a importancia da educación en valores.




mércores, 14 de febreiro de 2024

SAN VALENTÍN 2024

O día 14 de febreiro celebramos o San Valentín. Regalámonos quereres, verbas fermosas, apertas enchidas de cariño, pero...quen é o destinatario, neste curso, do noso amor?

Os participantes deberán escribir unha carta, en prosa ou en verso.

Este amor pode ser verdadeiro ou non. Tamén pode ser amor platónico, namoramento, paixón, desamor, celos.
A carta pode estar dirixida a unha persoa coñecida : mamá, papá, o avó, avoa ou a  Taylor Swuift, a Rafa Nadal, a Iago Aspas, a Castelao...tan só deberán excluírse as expresións de mal gusto e os insultos.
 
As cartas deberán estar escritas con letra lexible e clara e NON debe superar un folio por unha cariña.
 
Os sobres botaranse á caixa que levará a profe de lingua galega o venres 16 de febreiro .

O prazo límite de entrega será O VENRES 16 DE FEBREIRO ás 8:30

-   As cartas asinaranse cun pseudónimo

-  Entregaranse neste documento antes de pasalo ao folio e pegalo despois nunha cartolina de cor vermella. Unha vez corrixida, métese nun sobre e na parte de fóra do sobre farase constar o pseudónimo do autor (por exemplo, ).

-  Dentro do sobre grande introducirase tamén outro  (plica), no que figurará, por , o pseudónimo do concursante e  os datos auténticos do seu autor: nome, apelidos e grupo ao que pertence.

-      Se queres, entregarémoslle a carta ao seu destinatario.

-      Para iso, indica dun xeito claro por fóra do sobre grande:
 
Participaches e queres recibir o teu agasallo?

Queres coñecer cal foi a carta gañadora do concurso? 

O fallo do xurado farémolo saber no blog do cole o martes 27 de febreiro
 
Anímate e demostra o teu amor!



 

mércores, 7 de febreiro de 2024

 Queres celebrar un entroido único? 

Moita xente miuda , este venres, 9 de febreiro ,celebrará unha gran festa de tradición cultural con moitas ganas, con ilusión e disfrazados ademais de facer unha degustación de sobremesas típicas elaboradas por eles mesmos e coa axuda inestimable das avoas ou das mamás! 

Animádevos a compartir os vídeos ou receitas nas que deades conta de como elaborastes esas sobremesas. Encantaranos poder miralos xuntos, así que compartide os vosos vídeos!

Grazas a todos e agardamos que gozedes coma nós dunha celebración especial.



venres, 2 de febreiro de 2024

EL LUNES NOS QUERRÁN (NAJAT EL HACHMI)



Con esta novela, Najat O Hachmi converteuse na gañadora do Premio Nadal 2021.

É unha narración tremenda e descarnada. De ruptura e aprendizaxe. De racho e soidade. E de amizade. E de amor.

Narración confesional dirixida a unha segunda persoa na que a protagonista conta a súa infancia e a súa mocidade. Criada nun suburbio barcelonés de poboación inmigrante marroquí, non asume as claves culturais familiares e loita, de forma desgarrada, por outro estilo de vida. O estudo, a lectura, a escritura e, sobre todo, a amizade, lle insuflarán as forzas necesarias nesta viaxe sen retorno.

Animámosvos moito a lela. É unha narración moi potente, iconoclasta e diferente.

Fragmento inicial da novela.