luns, 25 de novembro de 2019
mércores, 20 de novembro de 2019
Día universal do neno
Hoxe é o 20 de novembro , un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás personas da importancia de traballar, día a día, polo seu benestar e desenvolvemento.
UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos. Este 2019 coincide co 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), polo cal é un motivo de dobre celebración para todos.
Desde o colexio, reflexionamos sobre a necesidade de axudar a concienciar sobre a situación.
sábado, 16 de novembro de 2019
Día da tolerancia, 16 de novembro
A tolerancia, nin indulxencia nin indiferenza: respecto!
saber apreciar a riqueza e a variedade das culturas do mundo e as distintas formas de expresión dos seres humanos. A tolerancia recoñece os dereitos humanos universais e as liberdades fundamentais dos outros. Só a tolerancia pode asegurar a supervivencia de comunidades mixtas en cada rexión del mundo.
venres, 15 de novembro de 2019
As nosas verbas e os seus significados!
Por moito que o queiramos negar, os galegos somos seres divertidos que dispoñemos dunha lingua, ademais de musical e fermosa, enchida de connotacións e moitos significados. Velaí unha das verbas máis usadas na nos lingua. A palabra carallo e todos os seus posibles significados:
RESIGNACIÓN: Ay que carallo!
INDIGNACIÓN: Que carallo!
CACHONDEO: Bueno, carallo, bueno!
DESPLANTE: Vai ó carallo.
INQUISITIVO: Qué carallo é?
CONTRARIEDADE : Tócalle o carallo.
CANSANCIO: Déixate de caralladas.
OFENSA: Este carallo é parvo.
TEMPLANZA: Cálmate, carallo!
AMEAZA: Ven, carallo, ven.
NEGACIÓN: Non, carallo, non.
NEGACIÓN ROTUNDA: Nin carallo nin nada.
XURAMENTO: Me cago no carallo!
IRA: Me cago no carallo, carallo!
ALABANZA: É un home de carallo.
DÚBIDA: O carallo vintenove.
EXTRAÑEZA: Pero , que carallo pasa?
DESOBEDIENCIA, DESPREZO: Pásame por debaixo do carallo.
ANIMOSO: Dalle, carallo, dalle.
CAPRICHOSO: Salíume do carallo.
CUALITATIVO: Non vale un carallo.
VALORATIVO: Róncalle o carallo.
FATALIDADE : Ten carallo a cousa...!
AGOTAMENTO: Xa estou "hasta" o carallo.
PICARDÍA: O caralliño.
METEOROLOXÍA: Fai un tempo do carallo.
LONXE: No quinto carallo.
É unha evidencia a cantidade de significados variopintos dunha palabra que empregamos en máis dunha ocasión.
luns, 11 de novembro de 2019
Vigo celebra o seu Magosto
Vigo celebra o seu magosto e, desde o colexio, queremos que esteades ao día para compartir un día distinto coa familia .
CONTOS, DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS, CHOCOLATE...
VÉN A DISFRUTAR DO OUTONO A VIGO!
sábado, 9 de novembro de 2019
venres, 8 de novembro de 2019
Feliz día das librarías!
Pois, en efecto.....Esta mañá fría do 8 de novembro, CONMEMORAMOS unha data que especial, unha das experiencias vencelladas á lectura que tanto nos presta para falar de libros e de vida, xa que cada libro nos invita a vivir e disfrutar dunha aventura nova, dentro do programa "disfruta da lectura: é vida", promovido polo EDNL . Feliz día das librerías, espazos perfectos para perderse, buscar e atopar unha aventura, DIFRUTAR dun soño , VIVIR unha historia real...atrévete a gozar do pracer dunha lectura. Un libro é a mellor arma para vencer á ignorancia !
Feliz día das librarías!!
Feliz día das librarías!!
mércores, 6 de novembro de 2019
O Magosto
1.- Bos días a todos.
Xa chega o mes de novembro e con el unha das celebracións máis divertidas para os galegos: O magosto!
2.- O magosto celébrase especialmente na primeira quincena de novembro, entre o Día de Todos os Santos , que é o 1 de novembro e o día de San Martiño , o 11 de novembro.
1.- AAAAHHH, Claro! Por iso o refrán di: “Polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".
2.- Sabiades que a castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade ??Desde o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras.
1.- Si, sabiades que as comían asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano?
2.- pois aí vai otra curiosidade : é que a casta;a sea do castiñeiro, que unha árbore nobre non só produce castañas. Dános unha magnífica sombra en verán e leña en inverno. E máis ágora que vén o frío!
2.- Xa cho digo! Pois, non podemos perder os nosos costumes e xa é momento de probar o bo viño novo, producido en setembro, na vendima e de comer ricas castañas asadas ou cocidas con esencia de anís.
1 e 2.- Bo día e bos costumes!!
Xa chega o mes de novembro e con el unha das celebracións máis divertidas para os galegos: O magosto!
1.- AAAAHHH, Claro! Por iso o refrán di: “Polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".
2.- Sabiades que a castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade ??Desde o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras.
1.- Si, sabiades que as comían asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano?
2.- pois aí vai otra curiosidade : é que a casta;a sea do castiñeiro, que unha árbore nobre non só produce castañas. Dános unha magnífica sombra en verán e leña en inverno. E máis ágora que vén o frío!
2.- Xa cho digo! Pois, non podemos perder os nosos costumes e xa é momento de probar o bo viño novo, producido en setembro, na vendima e de comer ricas castañas asadas ou cocidas con esencia de anís.
1 e 2.- Bo día e bos costumes!!
Zona de los archivos adjuntos
venres, 1 de novembro de 2019
Feliz día de todos os Santos!
Rescatando o sentido deste día entre as insulsas cabazas e falsas teas de araña, propoñemos un brindis polos que xa non están. Polos avós, polos pais, tíos, irmáns, curmáns, ...polos amigos e amores que marcharon tan cedo...xa son polvo de estrelas, pero manteñen os seus lares nos nosos corazóns. A todos e cada un deles, un cálido recordo e tres palabras: grazas, perdón e quérovos! Polos que non están con nós. Polos que faltan e deixaron a súa ausencia escrita en nós . Por aqueles que deixaron notas escritas na partitura das nosas vidas. Por aqueles que prometeron ser felices e morreron loitando por conseguilo, por aqueles que non chegaron a ser e por aqueles que morreron cun sorriso na cara tras anos e miles de lembranzas vividas.Acordémonos deles, pois eles son os verdadeiros santos das nosas vidas.
Feliz día de todos os Santos!
En galego, proba e verás! Os galegos chegamos a calquera sitio.
Viaxa! Orgullosos do nos! Orgullosos do galego!
xoves, 31 de outubro de 2019
Xa chega o Samaín
Cabazas e disfraces. Esta será a estampa que vexamos nestes días e , como non, na noite do 31 de outubro, pois estase a recuperar unha vella tradición celta, o Samaín, que é da que tamén bebe o
“ haloween”, importado dos Estados Unidos e que sempre foi descrita como unha noite de comuñón cos espíritos dos defuntos que teñen nesas datas autorización para camiñar entre os vivos , ademais de ser o momento en que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar aos familiares aínda vivos.
“ haloween”, importado dos Estados Unidos e que sempre foi descrita como unha noite de comuñón cos espíritos dos defuntos que teñen nesas datas autorización para camiñar entre os vivos , ademais de ser o momento en que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar aos familiares aínda vivos.
Nesta ocasión, compartimos con vós un vídeo dos alumnos de 2º de primaria que , xunto á súa profe Teresa, elaboraron marmelo de cabaza para que os pais, avós e demais amigos ou familia, teñan a oportunidade de probala. Abofé que estará deliciosa, pois non hai máis que ver a clase master chef do seu traballo, dedicación e resultado!
Os nosos parabéns para a profe e para os seus alumnos!!👏👏
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...







