mércores, 17 de novembro de 2021

PASAMENTO DE DARÍO XOHÁN CABANA


      
D.E.P

Poeta, narrador e ensaísta, foi unha das figuras fundamentais da literatura galega de finais do século XX Darío Xohán Cabana (Cospeito, 1952) vén de falecer aos 69 anos. Foisenos o coñecido como «o gran poeta de Galicia». Manifestaba que empezara a escribir «por razóns patrióticas, por escribir en galego» e que sentía «un amor desesperado pola terra galega que chega a ser un sentimento físico, real».

xoves, 4 de novembro de 2021

DIFERENCIA ENTRE AFORISMO, APOTEGMA, AXIOMA, MÁXIMA, REFRÁN E OUTROS.

Benvidos a un novo curso no que empezarmos por repasar ou aprender conceptos importantes que utilizamos no nosos día a día e que, ás veces, non lle damos o valor que teñen. Velaí vai a nosa primeira lección (clica na palabra aforismo e como diría o gran poeta Horacio e que popularizou o filósofo alemán Kant,"Sapere aude" que significa 'atrévete a saber)


A min gústanme os refráns. Os meus avós eran moi refraneiros. É certo que os hai para todos os gustos e mesmo os hai contrarios co cal serven para confirmar calquera opinión. Pero, por outra banda son a nosa  bagaxe cultural, son a tradición oral que vai pasando de xeración en xeración, a sabedoría popular. 

Adoitan ter unha estrutura  pareada, dúas frases, e poden ser tanto en prosa como en verso.

A primeira colección de refráns atribúeselle ao Marqués de  Santillana no ano 1541. Imos, que de onte é a data... Imaxinádevos se teñen soleira. 

E sabedes que é a  paremiología? Pois segundo a  RAG:paremiología. (De  paremiólogo).1.  f. Tratado de refráns.

Os seguintes vocábulos poden entenderse como sinónimos, pero non o son. Polo menos a maioría contan con matices diferenciadores. Cales son entón as diferenzas entre adaxio, aforismo, apotegma, axioma, devandito, epigrama, máxima, proverbio, refrán e sentenza? 
Vexamos as definicións que ofrece o dicionario da RAG:

Adaxio (do latín adagĭ um) ‘sentenza breve, comunmente recibida, e, a maioría das veces, moral’.

Aforismo (do latín aphorismus, e este de o grego ἀφορισμός) ‘sentenza breve e doctrinal que se propón como regula nalgunha ciencia ou arte’.

Apotegma (do latín apophthegma, e este de o grego ἀπόφθεγμα) ‘devandito breve e sentencioso; devandito feliz, xeralmente o que ten celebridade por proferilo ou escrito algún home ilustre ou por calquera outro concepto’.

Axioma (do latín axiō ma, e este de o grego ἀξίωμα) ‘proposición tan clara e evidente que se admite sen necesidade de demostración’.

Epigrama(do latín epigramma, e este de o grego ἐπίγραμμα, inscrición) ‘pensamento de calquera xénero, expresado con brevidade e agudeza’.

Máxima(do latín medieval maxĭ ma ‘sentenza’, ‘regra’) ‘sentenza, apotegma ou doutrina boa para dirixir as accións morais’, ‘idea, norma ou designio a que se axusta a maneira de obrar’.

Proverbio (do latín proverbĭ um) ‘sentenza, adagio ou refrán’.

Refrán (do francés refrain) ‘devandito agudo e sentencioso de uso común’.

Sentenza(do latín sententĭa) ‘devandito grave e sucinto que encerra doutrina ou moralidade’.

Todos teñen en común a brevidade. As diferenzas son mínimas, excepto no caso de adagio, proverbio, refrán e sentenza que, segundo a Academia, son o mesmo.

E como guinda desta entrada deixámosvos con algúns refráns sobre o mes de novembro:

A primeiros de novembro quen non sementou que non semente.
A primeiros de novembro o teu lume acende.
Marzo trae as follas e novembro desposúeas.
Se novembro empeza ben, confianza é de ter.
De metade de novembro en diante, o inverno é constante.
Quen cava en novembro, o tempo perde.
A últimos de novembro, colle a túa oliva sempre. 
Novembro acabado, inverno empezado.

Esperamos que aprendésedes un pouco máis e volveremos con máis explicacións a modo de curiosidade.




venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN EN INFANTIL


Samaín, tempo de tradicións e, sobre todo de medo,  moito medo. Os máis pequenos achegáronse a este costume galego que se celebra na noite do 31 de outubro coincidindo co ano novo celta. Nesta noite, ánimas e mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo. Pasárono moi ben e disfrutaron uns días terroríficos nunha data que vivimos con intensidade no noso cole, pois realizaron diversas actividades ralacionadas co Samaín: contacontos,  pintaron cabazas arrepiantes,  con pantasmas,  coas bruxas e cancións tradicionais e outra inventadas xunto coa súa profe. 








domingo, 24 de outubro de 2021

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!

 



                    " A liberdade, Sancho, é un dos máis preciosos dons que aos homes deron os ceos; con ela non poden igualarse os tesouros que encerra a terra nin o mar encobre; pola  liberdade, así como pola honra pódese e debe aventurar a vida, e, pola contra, o cativerio é o maior mal que pode vir aos homes"

CAPÍTULO LVIII da obra de Don Miguel de Cervantes, Don Quijote de la Mancha
.

xoves, 21 de outubro de 2021

VIGO EN IMAXES: O BERBÉS E O PORTO PESQUEIRO DE BOUZAS

IMAXES CON MEMORIA

Desde o EDNL apostamos por continuar ampliando o noso arquivo fotográfico sobre a nosa terra e É que, seguras estamos de que a máis de un, cando as mire, viranlle recordos á cabeza, emerxerán sentimentos, recrearán momentos vividos que teñen un valor incalculable. E , para nós, é unha maneira de mantérmonos vivos.

Disfrutemos de Vigo e de como eran a Ribera do Berbés e o porto pesqueiro de Bouzas.






A VENDIMA, QUE HAI MÁIS TRADICIONAL?



Outro reto acadado!

O outono dános moitas oportunidades para gozar dos nosos costumes: as castañas, as follas caídas, o mosto despois da vendima e, por suposto, acompañado todo dunha canción.

Tras case dous meses de traballo nas viñas vimos de recoller as uvas cando están maduras . A este traballo chámamoslle VENDIMAR e os nosos pequenos aprenderon que as persoas que realizan a vendima chámanse VENDIMADORES. Todos preparados con botas, mandilóns e tesoiras e guiados pola súa mestra, Tere, puxéronse mans á obra e debuxaron eles mesmos as súas uvas para despois colorear e como vendimar é unha tarefa que cansa, intentamos levala mellor cantando, pois os galemos somos xentes moi cantareiras e mantemos as nosas tradicións.
Dá gusto miralos bailar e cantar unha cantiga de labor de tanta raigame e tradición na nosa terra.

Seguro que os rapaces aprenderon moito das uvas e da súa colleita. A canción é moi pegadiza. 
Unha enorme aperta e parabéns polo traballo fantástico da súa profe, coma sempre, e cun remate moi marchoso. Xenial, rapaces!!!

Unha aperta forte e a seguir traballando coa lingua!



luns, 4 de outubro de 2021

TOPONIMIA

 Que son os topónimos? Os topónimos son os nomes propios que se lle atribúen a un lugar, rexión ou país e pódense orixinar por características físicas ou materiais do espazo, por nomes dun individuo ( antropónimos), por nomes comúns derivados de linguas antigas ou arcaicas ou por causas descoñecidas. Moitas veces, a toponimia compleméntase coa xeografía, historia e outras ciencias. Pois nesta entrada, toca afianzar conceptos sobre a orixe etimolóxica dos nosos lugares. Velaí vai. Clica



sábado, 26 de xuño de 2021

Chegou o merecido e ansiado descanso: BO VERÁN!


Por fin chegamos ao final dun curso complexo e difícil que comezou aló no mes de setembro cunhas previsións que prometían poñernos as cousas complicadas a toda a comunidade educativa. Foi este o curso das máscaras, do xel hidroalcóholico, das ventás abertas, das restricións da mobilidade, da prohibición de reunións con non convivintes, das negras estatísticas... Non o esqueceremos nunca.
Pero tamén é certo que todos soubemos facer fronte á situación e hoxe podemos dicir que fomos quen de sacar adiante o curso e de loitar coas dificultades.
Cómpre felicitarnos polo deber cumprido e desexar a todos un bo verán, unhas merecidas vacacións para recargar as pilas e volver o próximo curso con ánimos renovados.
Desde o EDNL do cole e de parte de todos os equipos, membros e por suposto da dirección , queremos felicitarvos polo traballo feito durante este tempo. Aínda que, coma sempre, hai excepcións, a maioría de vós demostrastes constancia e dedicación nas tarefas que enviastes, sobre todo, tendo en conta que fixestes un esforzo autónomo dun xeito e nun medio no que non estabades afeitos a traballar desde o inicio da pandemia.
Deberemos seguir mantendo as normas e continuar actuando con prudencia e “sentidiño”, coidando de nós mesmos e dos demais nesta loita contra o virus, ese inimigo que espera agochado a que baixemos minimamente a garda para colarse nas nosas vidas.
Aos nosos queridos alumnos queremos transmitirlles os nosos mellores desexos para os vindeiros cursos e ,en xeral, para o futuro. Recordade: “Work hard, dream big, never give up”: traballa duro, soña en grande , nunca te rendas.
Con esforzo e constancia chegaredes lonxe!
Disfrutade moito de verán, das ondas do mar, da calor sufocante, dos amigos, do pracer da lectura, do solpor, pero sempre con cautela e tendo en conta que o virus aínda está con nós. Así que, como dicimos os galegos: con sentidiño, pouco, pero que dure e coidade dos vosos pais; axudádeos, escoitádeos, mimádeos, porque eles son o máis importante nas vosas vidas. Son o piar básico da aprendizaxe da vida e dos vosos valores. A eles, GRAZAS, da nosa parte por estar sempre aí.
Unha forte aperta e un bico a todos, vémonos polo cole! Ata a volta, aí van os nosos desexos: 
BO VERÁN !


Solpor na praia das barcas, Coruxo.



luns, 14 de xuño de 2021

ENTREGA DOS PREMIOS REC-CURTA 2021

Hoxe, ás 10 h tivemos a sorte de disfrutar da compañía de Dª Charo Valeirón Sóñora, que veu entregarlles os premios Rec-curta aos alumnos de 4º ESO que recibiron polas curtametraxes A lenda da virxe do leite ( 4º C) e A miña vida nas túas mans ( 4º B). 

Parabéns a todos os gañadores!












domingo, 13 de xuño de 2021

IX CONCURSO DE RELATOS COMO CAMBIA O CONTO.

 

Co gallo da celebración do “Día das Letras Galegas”, convocouse o IX Concurso de Relatos para alumnos/as de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria promovido polo Museo Liste no que participou a nosa alumna d 4º de Educación primaria, resultando premiado na convocatoria convocada  Categoría B: 3º e 4º de Educación Primaria á que se presentou co seu relato “Rapunzel non quere casar” que gañou.

Parabéns para Alicia González-Rae Arias (4º de Educación Primaria do Colexio Mª Inmaculada – HH Carmelitas). Que a paixón pola escritura te siga guiando así de ben na escrita!!