Xullo arder e patacas coller.
O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar.
luns, 1 de xullo de 2019
xoves, 20 de xuño de 2019
Xa en xuño...GRAZAS!!
Case chegando xa á recta final do curso, queremos agradecer a colaboración, a axuda de todos os membros que forman parte do EDNL e do traballo que desenvolveron todas aquelas personas que estiveron con nós ao longo deste curso que está a piques de rematar.
Velaí vai a nosa receta, pero coma bos cociñeiros, o ingrediente secreto gardámolo para nós.
Traballamos con moito cariño, paciencia... pois había que traballar contra reloxio( exames, traballos, presentacións, exposicións...), con moitos quérotes que nos insuflaron enerxía e moitos aloumiños das profes e dos nosos alumnos que nos axudaron a mesturar todo para servírvolo ben.
Agardamos que todo o que se fixo e aquí quedou recollido parte do feito, resultase do voso agrado e poidamos dicir que conseguimos que amedes un pouco máis a nosa lingua porque nos sentimos:
ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DE SER GALEGOS!
ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DE SER GALEGOS!
Unha aperta ben grande de todos os que formamos parte do EDNL do noso cole, Carmelitas.
Bo verán e a disfrutar moito en familia, cos amigos e da vida, pero con sentidiño!
Grazas a todos e ata o curso que vén!
mércores, 19 de xuño de 2019
mércores, 12 de xuño de 2019
Mañá cos pequenos do cole
Hoxe, unha pequena representación dos nosos alumnos de 4º ESO foron visitar aos máis cativos do pavillón e amosarlles os traballos que fixeron para eles na materia de lingua galega, en proxectos cooperativos . O aseo persoal, as partes da casa, as partes do corpo, os animais, os estados, etc foron algunhas das cuestións que se lles explicou aos cativos.
Os profes fixeron unha valoración moi positiva de seu traballo e é algo que agradeceron os nosos maiores.
Parabéns polo traballo ben feito!
domingo, 2 de xuño de 2019
Refráns xuño
En San Xoán, a sardiña molla o pan.
Polo San Xoán, as once con día dan.
Auga de San Xoán, tolle o viño e non dá pan.
Nesta ocasión, para poñer o noso broche de ouro ao curso, despedímonos cun poema:
FELIZ VERÁN!
ENDL do cole Carmelitas
Polo San Xoán, as once con día dan.
Auga de San Xoán, tolle o viño e non dá pan.
Nesta ocasión, para poñer o noso broche de ouro ao curso, despedímonos cun poema:
POEMA DO MES DE XUÑO: VACACIÓNS!
DESPEDIDA (popular)
Aí vos vai a despedida,
aí vos vai a derradeira;
acabouse o chiculate,
rompeu a chiculateira.
ENDL do cole Carmelitas
sábado, 25 de maio de 2019
FESTIVAL DE CANS 2019, UN DÍA DE CINE!, Luces, cámara, acción!
E, por fin, chegou o gran día! os nosos alumnos, protagonistas da curtametraxe Os García, ían ao Festival de Cans!
O autobús recolleunos ás 9:15 en Torrecedeira e marchamos para Porriño. Os nervios por saber que nos esperaba alí e que sorpresas nos depararía o día, fixeron que estivésemos máis faladores ca de costume. O día acompañounos, pois fixo unha calor que aínda acentuaba os nervios nos nosos estómagos. Unha vez alí , recibíronnos, na esplanada de Cans, Charo Baleirón e Marga, responsables do Departamento de innovación pedagóxica, de Escolas Católicas, que nos presentaron a Keka Losada (presidenta da Asociación Arela) e organizadora do roteiro que fariamos por Cans, como inicio dun día enchido de emocións. Con Rubén, o guía dos nosos alumnos, visitamos o Ghaliñeiro e fomos á casa da señora Alicia, toda unha referente no festival, pois a Leira de Alicia é a finca con maiúsculas. Aí é onde se celebran os coloquios con directores e directoras recoñecidos e onde se programan todo tipo de actividades. Con ela fixémonos fotos de grupo e mantivemos unha amigable charla intercambiando algunhas verbas que nos deixaron claro o seu amor por eventos tan destacados coma este e pola séptima arte: o cine.
Leváronnos o Baixo do Moncho para a visualización das nosas curtas e alí estaban o promotor do festival, o director e actor porriñés Alfonso Pato que se define coma "guionista de traxectoria, periodista de alma e corazón, pero por riba de todo axitador cultural", pois a pesar de ser coñecido mundialmente como director do Festival de Cans, desde moi novo contribuiu ao enriquecimento cultural do seu pobo liderando e participando en diferentes iniciativas e velando polo seu Porriño natal, quen nos recibiu xunto co secretario de política lingüística da Xunta, D. Valentín García Gómez. Felicitounos por fomentar a creatividade, a autoconfianza, a participación activa e o traballo en equipo. polos premios das curtametraxes, destacando as partes introdutorias das mesmas , “ porque amosan unha calidade excelente; nalgún caso, de profesionais”- así dixeron .
Invitárannos á actividade a que andas? na que os nosos alumnos tiveron a oportunidade de conversar coa produtora e directora Diana Toucedo ( Treinta almas, Homes, 25 Cines/seg) sobre o apaixoante labor de elaboración dunha longametraxe, o tempo de rodaxe, o son, a imaxe, as horas de produción, etc e de escoitar os novos traballos cinematográficos de Álvaro Gago, Andrés Goteira, Chelo Loureiro, Lúa Testa, Fernando Cortizo, Victor Duplá e Juanjo Giménez . Alí estaba tamén o director alemán Hannes Stöhr, quen fixo unha retrospectiva da súa filmografía e falou da sorte que tivo ao coñecer en Berlín a actores galegos que estaban alí como Miguel de Lira, e de traballar con Luis Tosar e Blanca Cendán, pois formaron parte do elenco da película Galatasaray-Dépor e directores como Jorge Coira, a quen coñecimos pola tarde. Saímos para facer unha sesión de fotos nos chimpibús, un pequeno descanso e retomar a nosa actividade ás 11:30. Fomos ao Baixo de Bugarín onde tivemos a grande sorte de coñecermos aos actores Camila Bossa, que destaca polos seus papeis en Mareas vivas, Pratos combinados, Matalobos, Hospital central, etc, a Victor Duplá que participou en series como Amar es para siempre, Hospital central, Cuéntame como pasó, Serramoura, El ministerio del tiempo ou Fariña, onde destacou polo papel de Romero e a directores como Fon Cortizo ( director de cine vigués, que nos falou do seu último proxecto Sete fugas, e á directora Chelo Loureiro (Valentina).
Ao remate da mañá tocaba retomar forzas e fomos comer ao baixo da señora Alicia, onde se estaba a preparar todo para os concertos que ían ter lugar pola noite.
Xa pola tarde, ás 4.30, esperábanos Jorge Coira e o seu irmán Pepe Coira para amosarnos un pequeno avance do documental que sobre a figura de Beiras ( Xosé Manuel Beiras), titulado Beiras, vivir dúas veces, con quen charlamos amigablemente no espazo Fillos e fillas de Cans, ademais de presentarnos un avance dos seus novos proxectos directores, produtores e actrices como Gaspar Broullón, Paula Cons, Fon Cortizo, Liliana Torres e Roi Fernández .
Ao acabar, con actores coma Miguel de Lira, Isabel Blanco ou Victor Mosquera, que tamén foron algunhas das estrelas que se atopaban con nós no baixo de Moncho, charlamos e intercambiamos opinións coincidindo co amor polo cine e destaco as verbas tan deliciosas e o cariño co que nos trataron. Que gusto poder compartir con persoas coma eles momentos coma así en espazos tan enxebres e ao lado da casa!
ENCANTADOS DE PODER VIVIR E DISFRUTAR DUNHA EXPERIENCIA TAN ENRIQUECEDORA, de escoitar, de compartir, de facer fotos, de gozar da maxia do cine e todo o seu mundo, ás 18:30, puxemos fin á nosa aventura cinematográfica con emocións encontradas e cun boísimo sabor de boca. Non hai palabras para definir un día coma o de onte! MARABILLOSO!!

venres, 17 de maio de 2019
Cal é o motivo da celebración do día das Letras Galegas?
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas" como data para "recoller o latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro", a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluíndo que representa "un fito decisivo na historia da renascencia cultural de Galicia".
Propúñase o día 17 de maio, ao ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese día cando Rosalía de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero( Cecilia Bohl de Faber).
Este ano adícaselle ao ilustre Antón Fraguas vencellado ao Seminario de Estudos Galegos e que destacou nos máis diversos campos do saber humanístico: xeografía, etnografía, folclore, historia, arte...
ANTONIO FRAGUAS
Con motivo da celebración do día das nosas letras, Noemí, Elena, Irene, Alba, Carmen e Javi, crearon este vídeo, coa colaboración dos alumnos de 1º ESO, Lucas e Pedro (voces do arquivo sonoro que identificamos co pai do noso autor e Antón de neno, ademais do profesor, Abraao) sobre o autor homenaxeado: ANTÓN FRAGUAS, de quen destacamos a súa traxectoria persoal e profesional na defensa da lingua e a cultura galegas; así coma o seu labor como profesor de instituto en A Estrada, Lugo e Santiago ata a súa xubilación.
Nado en 1905 en Cerdedo-Cotobade, concretamente na Insuela, e finado en 1999 en Santiago de Compostela, Antón Fraguas foi unha das figuras clave no ámbito intelectual e galeguista do século XX, que destacou, sobre todo, polos seus traballos coma historiador e antropólogo.
Discípulo de Castelao e de Losada Diéguez -de quen foi alumno de bacharelato en Pontevedra-, pasou a súa etapa universitaria en Santiago de Compostela onde en 1928 se licenciou en Filosofía e Letras. Posteriormente doctorouse na Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca.
Foi na capital, en Santiago, onde pasou a formar parte activa da intelectualidade galeguista da época, xa que ingresou nas Irmandades da Fala e comenzou a colaborar nas seccións de Xeografía e de Etnografía e Folclore do Seminario de Estudos Galegos. Dentro do Seminario iniciouse no estudo da xeografía histórica de Galicia (con especial atención ás nosas Rías Baixas e á zona de Cercedo-Cotobade, onde nacera), e dos costumes arredor do Entroido.
En maio de 1951 ingresou na Real Academia Galega, na cadeira que deixou o seu profesor Alfonso Rodríguez Castelao; e en 1963 foi nomeado director do actual Museo do Pobo Galego. Tamén tivo responsabilidades no Consello da Cultura Galega (onde coordinou a sección de Antropoloxía), foi membro numerario da Real Academia Galega de ciencias e da Real Academia da Historia; e exerceu coma Cronista Oficial de Galicia (desde 1992), entre outros.
No seu haber figuran recoñecementos coma o Premio Trasalba en 1985, o premio Otero Pedrayo en 1992, a Medaia Castelao, e o premio das Artes e das Letras en Galicia.
Entre as súas obras figuran ensaios en galego sobre Murguía, a Literatura oral en Galicia, sobre o Entroido, ou sobre as festas populares. Tamén publicou en castelán obras sobre a geografía de Galicia ou o traxe galego, entre outros.
venres, 3 de maio de 2019
Gran tarde de colleita de premios na Décima edición do concurso REC-CURTA
Acto de entrega premios Sarmiento e Rec-Curta
Hoxe pola tarde, entre as 17.00 h e as 19.00 h no Salón Carlos V do Hotel Monumento San Francisco entregáronse os premios literarios Frei Martín Sarmiento, que xa van pola súa décimo quinta edición, e os da décima edición do certame de curtametraxes REC.Curta apoiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que contan co patrocinio de Cans e de Mediamarkt. O acto foi conducido pola comunicadora e locutora Paula Pájaro, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente da xunta directiva de Escolas Católicas, Juan Manuel Buján.
Os nosos alumnos presentaron tres curtametraxes; Sempre en nós, presentado por Irene, Noemí, Carmen, Lucía e Marta de 4º C, Medo á verdade , de 4º A( Javier, Belén, Nieves, Cristina, María Rosada, María Vila, Elena, Natalia e Juliana, tamén coa axuda de Paula e Jose e Os García, de 4º B con Tomás, Aroa, Nico, Laura López, Laura Tejada, Cris, Javier, Alberto, Miguel e Hugo.
Hoxe é un gran día e debemos felicitalos, pois todas as curtas tiveron premio e viñemos para casa con seis premios importantes coma o de mellor actriz, que recaeu en Belén Jiménez, o de mellor música pola creación da letra de rap, para Alberto, Miguel, Javier e Hugo, mellor participación grupal, accésits varios , unha mención especial pola implicación do profesorado e o primeiro premio para a curtametraxe de Os García, que levou por parte de todos os presentes ao acto, todas as ovacións posibles.
Como levaron o mellor premio a mellor película, van como invitados de honor ao festival de Cans, a finais do mes de maio.
PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES , AOS PROFESORES E AOS GAÑADORES!!
BO TRABALLO!!! MELLOR IMPOSIBLE!!
xoves, 2 de maio de 2019
Os nosos maios
Para celebrar a chegada da primavera, os nosos alumnos de 1º ESO, celebraron a tradicional fiesta dos maios con creacións belísimas que foron expostas na entrada do pavillón dos máis cativos.
Aquí tedes unha pequena demostración da arte floral dos nosos alumnos.
Parabéns a todos eles polo labor ben feito!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...